20/2/11

Comentario de "O pazo baleiro"


O xoves 10 de febreiro reunímonos o grupo I para comentar a lectura de "O pazo baleiro" de Xabier Docampo.
Gustounos moito como Xabier Docampo relata as aventuras dun grupo de rapaces, encabezado por Nicolás, un rapaz atípico que decide que hai outras formas de aprender diferentes da vía escolar.
Nicolás e os seus amigos vennse envoltos na investigación dun misterio que xira arredor dun antigo pazo da súa vila. Cada un aportará o mellor de si mesmo para poder resolver esta intriga.




1 comentario:

  1. A min gustoume moito cando o lin; lástima que non me dese conta o día da reunión. Un saúdo

    ResponderEliminar