27/6/21

Escolma das lecturas, xuntanzas e viaxe cultural.

 O taboleiro de anuncios foise actualizando, os carnets foron selándose, e como broche final , agasallámonos coa viaxe cultural ao Pazo de Oca da que destacamos o Topiario (representacións vexetais de persoaxes ou elementos de prestixiosas obras da literatura infanto-xuvenil)















Moito mérito completar o curso 20/21 lendo e compartindo emocións!

 Entregad@s á lectura o alumnado de 6ª e 5º de EP presentan as súas derradeiras lecturas:





 



Las fieras fútbol club
Cada alumn@ escolleu un exemplar desta colección, de xeito que o tiñan ao seu dispor sen preocupación de datas de intercambio. A escolla foi directa según as preferencias ou pola presentación do propio libro.

Cada quen opinou dos actos, actitudes, dos valores que descubriu e tratamos de cotexar se a colección seguía a mesma liña. Concretaron que non hai discriminación de sexo, raza nin poder social ou económico entre os diferentes protagonistas.

Recomendan a súa lectura pero para o verán quixeron escoller .exemplares de distinta colección.


Manolito Gafotas - Ás de mosca para Anxo






Dous libros moi apreciados polos alumnos de 5º EP

Manolito Gafotas, todo un clásico, encantoulles e deunos pé para analizar as relacións e os vínculos familiares, os motes e si son inofensivos ou non, que sucede cando chega alumnado novo o noso centro...

No caso do libro de Fina Casalderrey analizamos o sentido figurado de distintas palabras, de como era a protagonista, da solidariedade, da desaparición de Estrela, o debuxo do bico de Estrela...

26/6/21

Moito mérito rematar curso lendo e compartindo!

 Alumnos de 3ª e 4º de ESO, non tiveron a lectura como preferencia no seu tempo de lecer, con todo adentráronse no teatro e leron alternativamente 

- A fiestra  valdeira de Rafael Dieste 

Destacan a renuncia  ás orixes que pretende plasmar a muller do protagonista nun cadro, á diferencia do propio mariñeiro que se sente orgulloso de ser mariñeiro.

  - Os vellos non deben de namorarse de Castelao.

Resaltan o carácter humorista da obra e confesan terse enganchado coa súa lectura. Estarían dispostos a representala.

- Flanagan, só Flanagan de Andreu Martín, Jaume Ribera.

Novela policíaca que lles fai estar en tensión ata o final. Recomendable.

- Os nenos da variola de María Solar.

Qué outra obra sería máis oportuna neste curso..!

Sorprendidos por ser nenos galegos portadores de tal experimento e valoran o valor de toda a expedición . Esta lectura foi compartida por familiares.

 

No grupo de 2º atrevéronse a unha lectura en inglés:

- The secret of White Mountain.

Intriga total ata descubrir o secreto. Recoñecen a adquisición de novo vocabulario e dominio do idioma na exposición. Moi gratificante esta lectura.



- Cuanta tierra necesita un hombre de  Martín Verón( basado en obra deTolstoi).

Moi ben valorado tanto por ser en cómic que facilita a lectura, as imaxes falan por sí mesmas como pola temática, unha verdadeira reflexión sobre el valor de las tierras como sustento pero tamén  reflexo da ambición sen límites do home.







25/6/21

Moito mérito completar curso lendo e compartindo!


 O grupo de lector@s adult@s, adiantamos a reunión-despedida de curso ao 10 de xuño.

Fixemos unha  exposición persoal da pegada que nos deixou cada libro proposto e contrastamos pareceres para incitar ou disuadir da súa lectura.

Este curso por mor da inseguridade de poder xuntarnos e destripar un libro por sesión, rotamos varios á vez e as análises foron máis xenéricas; sen embargo as reunións foron máis longas e de temas variados...moi fructíferas emocionalmente falando.

Os títulos foron: Aquitania de Eva García Sáenz.

                            Emocionarte de Carlos del Amor.

                            Mujeres que no perdonan de Camilla Läackberg.

                       El huerto de Emerson de Luis Landero.

                            Un señor elegante de Suso de Toro.

                             A dúbida de María Reimóndez.

 Cabe aclarar que Un señor elegante foi moi eloxiado e tratarémolo a fondo na próxima xuntanza cando todos os membros o teñan lido.

Ademáis puxémonos como deberes de verán: Simón, Flocos de millo, A vida incerta, Madialeva e Contra Amazon.

               





            


Queda pendente de ler o libro-agasallo por asistir á Xornada de Clubs de Lectura, co que compartimos título...



3/6/21

Xela Arias connosco

 O mes de maio adicámolo á nosa lingua, por iso o día 10 adiántámonos a súa conmemoración xuntándonos e deleitándonos coa lectura en vivo e en directo do poemario Darío Diario de Xela Arias.

Foi a primeira vez que disfrutamos da lectura en directo por ser breve e non ter recibido antes os exemplares, pero resultou moi interesante ir  lendo, analizando, opinando e compartindo o sentir de cada asistente sobre cada poema. Unha boa homenaxe á escritora!

Tamén fixemos mención a todas as súas obras xa que tiñamos varias á nosa disposición.

Comentamos o ritmo de lectura que levamos con varios títulos rodando e citámonos para rematar o curso  o día 8 de xuño que comentaremos: "Aquitania", "A dúbida", "Mujeres que no perdonan", "Emocionarte" e "El huerto de Emerson".