O mellor desta experiencia foi cotexar o dominio das dúas linguas , tanto na comprensión lectora como na expresión oral; recoñecido o desnivel , comprométense a ler, e empregar o galego e o castelán por igual porque as dúas linguas son oficiais na nosa Comunidade.
"El cuarto de las ratas", obtén moi boa puntuación porque ten acción, intriga, suspense ... e un final feliz. Os lectores vense identificados coa protagonista querendo axudarlle a resolver o secuestro de Jacobo e descubrindo o comportamento dos pais.
"O país da choiva", é menos valorado pola linguaxe empregada e vocabulario pouco usado, o que lles fai perder interés por atopar a mensaxe que durante a reunión descubren entre todos: querer e empregar a nosa lingua, o galego, o máximo posible porque é o noso patrimonio cultural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario