26/11/25

Lectura de I'm Obélix no grupo de profesorado

Hoxe pola tarde reunímonos no grupo de profesorado do noso Club de lectura do CPI Tino Grandío para comentar a novela I'm Obélix de Raquel Fernández Fernández dentro da colección Fóra de xogo en Edicións Xerais.

Esta novela xuvenil trata o tema dun caso de acoso escolar a un rapaz estudante de ESO que ten TDAH e comeza a sentirse mal coa actitude de certos compañeiros de clase.

A novela presenta diferentes puntos de vista que nos permiten ver o caso desde múltiples perspectivas e que nos levan a entender a dimensión do problema.

O que máis nos gustou foi esa visión caleidoscópica e o feito de que ninguén teña a verdade absoluta neste caso: cada parte ten a súa percepción e a súa verdade. O máis triste, que como na vida mesma, o protagonista teña que acabar cambiando de centro escolar.

Unha lectura moi recomendable para todos: profesorado, alumnado e familias.









 


No hay comentarios:

Publicar un comentario