Hoxe o alumnado de 1º de ESO celebrou unha reunión para falar sobre a lectura de El diario de Anne Frank. En conxunto o libro gustou moito a pesar da dureza da historia que se conta e comentáronse diversos aspectos da obra. Falouse de diversos aspectos dos anos que Anne Frank pasou no seu acubillo como pode ser a comida, a dureza da vida, a familia ou o que é vivir nun espazo tan reducido.
O libro gustou moito e puidemos ver tamén a obra en formato orixinal pois contamos nela na biblioteca do Centro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario