Agustín Fernández Paz coas "Cartas de inverno" engaiolou aos alumnos de 2º de ESO de xeito que ademáis de disfrutar coa lectura, deu pe a un distendido e proveitoso debate. Cada quen deu a opinión do contido e das actitudes dos tres/ catro personaxes principais pero o remate sería ben distinto para cada lector.
Destacaron os enigmas galegos: supersticións, pantasmas e desconfianzas da xente que non contan o que saben da casa encantada para axudar ao novo propietario.
Non entenden a mala comunicación entre os dous amigos que están pendentes das cartas e cuxo contido se coñece no desenlace da obra.
Recomendan a lectura deste libro tanto pola intriga , tensión e ansia por atopar o final como pola facilidade da súa lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario