Teatro: "As alumnas", autora: Paula Carballeira.
O reencontro de dúas mestras no enterro da pedagoga galega María Barbeito , failles rememorar o papel das mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil e como o franquismo significou un retroceso na educación do Estado. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e libertade das persoas, especialmente das mulleres, é o tema da obra.
Poesía: "Materia", autora: Yolanda Castaño.
Disfrutamos da lectura en directo dun poema escollido por unha lectora entusiasta deste estilo literario.
Toda a obra mostra metafóricamente temas da memoria persoal e colectiva, a maternidade, a familia, as costumes, a casa e o paso do tempo. Emprega unha linguaxe profunda, elegante e culta pero á vez comprensible e fácilmente interiorizable.
Narrativa: "Los incomprendidos", autor: Pedro Simón.
Unánimente declarada a mellor obra deste autor, tanto pola temática como pola exposición dos acontecementos empregando unha linguaxe propia dos protagonistas que convida a meterse no seu rol.
Trátase dunha historia que podería ser real en calquer familia, a viaxe desde a infancia á intrépida adolescencia; os cambios da alborotada infancia ao silencio sepulcral.
Sobresae a culpa sen dar solución convincente e que provoca máis soedade e incomunicación familiar.
Denuncia a ambición por ter mellor status social que tampouco implica máis felicidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario