"Los reyes de la casa" e "La conjura de noviembre", comentadas polo grupo de Adultos.
"Los reyes de la casa" de Delphine De Vigan, mantívonos intrigados a todos ata o final.
A temática da explotación de menores, exposta nas redes sociais mediante imaxes diarias de menores, cedidas por uns pais con afán lucrativo, deixa entrever a súa propia infelicidade. Amósanos a diferencia entre o que se enseña e a realidade que viven na familia. Demostra a insatisfación dos protagonistas que de adultos denuncian aos propios pais.
É unha novela con linguaxe traslúcido e preciso, de fácil lectura que conmove e incita a descubrir tan tráxico final.
"La conjura de noviembre" de Sergio Mayo, é un sinxelo relato sobre a investigación do asesinato de Kennedy, e as irregularidades durante o xuizo, descubrindo as forzas vivas implicadas tanto no feito en si como na investigación: CIA, FBI, membros do goberno, políticos, famosos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario