Pedro Feijoo coa súa novela "Ninguén contará a verdade", fíxonos revivir o detestable comportamento da clase política en xeral. Neste caso sitúase en Galicia e durante a pandemia , implicando a construtores, empresarios diversos, banqueiros, directivos de medios de comunicación...lucrándose ilícitamente coa complicidade de membros da Administración pública.
A historia preséntase con demasiados detalles, sobrándolle situacións repetidas, e coincidimos na tardanza da actuación da investigadora-periodista para resolver o entramado.
A lectura é áxil e engancha co fin de descubrir implicados, culpables e posibles sancións.
"Cuando el viento sopla" de Raimond Briggs, novela gráfica que non por ser curta e de fácil lectura, nos deixa indiferentes.
Ternura,amabilidade, complicidade e moito humor presentados nas conversas dunha parella de anciáns que viven nuha aldea remota inglesa.
A historia ten visos da realidade vivida ante a previsible guerra nuclear que se achega, e toda esa actividade xustifícase pola difusión de panfletos espallados polo goberno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario