4/7/24

Memoria resumo de actividades do curso 2023-2024

Funcionaron neste curso seis  grupos determinados polas diferentes lecturas lidas e con referencia aos  ccursos nos que estiveron matriculados.

-  Alumnado de 5º de EP, con 13 membros, 6 nenos e 7 nenas (Grupo I)

- Alumnado de 6º de EP, con 14 membros: 8 nenos (1 con nee) e 6 nenas (Grupo II)

- Alumnado de 1º de ESO, con 9 membros, 3 nenos e 6 nenas (Grupo III)

- Alumnado de 2º de ESO, con 10 membros, 6 nenos(1 con nee) e 4 nenas (Grupo IV)

- Alumnado de 3º de ESO, con 8 membros, 5 nenos e 3 nenas (Grupo V)

- Adultos, formado por profesores  en activo de EI, EP, ESO, ex-profesores  do centro e persoal non docente con 17 membros, (Grupo VI). Nais de alumnos e ex-alumnos seguen a información dos libros lidos ao non poder asistir ás reunións por incompatibilidade horaria coas súas obrigas laborales

-  As reunións, celebráronse nos tempos de lecer ás 15:30h. dos mércores/xoves para ESO, ou aproveitando ausencia de profesores, con frecuencia mensual/bimensual, respectando o ritmo de lectura dos membros, ou as propostas dobres (2 libros por reunión), pero polo menos 2 xuntanzas trimestrais.

- En EP, aproveitábase a “hora de ler” e xuntábase co tempo de lecer matinal, 1 sesión mensual.

- Todas as reunións foron presenciais e especialmente interactivas. Convocáronse por cursos /Grupos independentes, e a través do taboleiro ou persoalmente.­

- O Grupo de adultos, reuniuse ás 16:15h. de mércores/xoves mensualmente, agás  vacacións. –

- Reservábase a biblioteca, na acolledora zona da sala de lectura con sofás e cadeiras de cores para sentirse adultos en tertulia literaria.

 Actividades desenvolvidas e publicación.

·         Sesións programadas para comentar as lecturas e intercambiar propostas.

·         Actualización constante do taboleiro específico de Club de Lectura para publicar os títulos a ler e expoñer as actividades realizadas puntualmente.

·         Actividades específicas de integración: asistencia de alumnos con NEE, e incorporación de  alumnado de diferentes culturas.

·         O blog: https://clublecturaguntin.blogspot.com/ estivo activo   e publícanse as actividades na Web  e nas redes sociais do centro.

·         O Grupo II, V e o de adultos foron os máis activos en canto a lecturas, e participación interactiva nas reunións; os do Grupo I, III e IV facían seguimento escrito das lecturas; os do Grupo II e os de ESO debían cumprimentar fichas para comprobar o compromiso ca lectura.

·         Os membros do Grupo IV (2º ESO), no festival de fin de curso, representaron teatro lido, unha adaptación da peza teatral de Roberto Vidal Bolaño, “Rosalía”co fin de difundir a pegada de Rosalía de Castro nas nosas letras e nas nosas vidas.

·         Os adultos compartimos algunhas lecturas de “terraceo”  no pobo, facilitando a asistencia e convivencia xeracional, así como a modo de difusión da actividade.

·         A principio de curso, todo o alumnado (5º, 6ºEP e ESO) leva un tríptico informativo da actividade para as familias.

·         Na 1ª sesión todos os lectores reciben un carné que se irá selando en cada reunión para motivalos a ser merecedores do seguinte préstamo e da viaxe cultural. Nos grupos de lectura I e II gozaron da lectura  de libros que eles  propuxeran, respectando os seus  intereses, contrastando opinións sobre os mesmos e valorando os gustos dos Todos/as.

·         Nas reunións compartíronse opinións sobre os protagonistas, actitudes, lugares, formato - presentación do libro, completáronse fichas, encrucillados, sopas de letras, resumos, outros posibles finais… recollidos en murais e  recomendacións aos amigos ou familiares. Todo elo demostraba o grado de implicación co libro lido.

·         Solicitáronse préstamos da biblioteca Nodal de Lugo.

·         Asistencia  de autores lidos participando nas reunións: Eva Teixeiro e Xosé Luís Vázquez.

-          Nunha reunión extraordinaria contamos con Eva Teixeiro Suárez, que en dúas sesións (grupo I e II/ grupo III e IV) dirixiu obradoiros de escritura creativa, co soporte “Mapa.gal”de edición persoal e que leran previamente. Foi marabilloso contar coas explicacións en rigoroso directo, tanto do proceso creativo, da temática, da publicación… por parte da autora, e do xeito co que os fixo examinar cada detalle da súa orixinal obra, instándoos a crear debuxos, textos...

-  No grupo V, destacou a lectura de “O conserxe” por tratar un tema tan familiar nun ambiente moi próximo a eles; contamos co privilexio da presenza do autor: Xosé Luís Vázquez, que desvelou o proceso da escritura da obra, selección de nomes de personaxes, lugares, feitos… e ante todo incitounos a escribir, e a poder ser que sexa en galego!

·         Aproveitando algunha clase ca Auxiliar de conversa (americana) do centro, leron e dialogaron intensamente sobre: “All About the USA, profundando nesa cultura.”

·   Como recompensa á asistencia e aproveitamento de lecturas, disfrutamos dunha saída cultural triple:

 - a) Ruta Traslatio (peregrinación marítimo-fluvial) desde Vilanova de Arousa a Pontecesures, descubrindo os cruceiros que testimonian a peregrinaxe do corpo do Apóstolo Santiago.

         - b) Visita guiada á Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón.

         - c) Xantar - convivencia de  integración e solidaridade entre tódolos participantes.

·         O libro serviu de reclamo para compartir, para integrar e espallar os beneficios da lectura. Pola actitude demostrada todos estes alumnos serán Lectores convencidos que deixarán pegada nos que os rodeen. Todos os lectores seguen comprometidos coa continuidade neste Club !

   Neste Club de Lectura, deleitámonos coa narrativa, poesía, co teatro e co cómic e novela gráfica.

Lemos nos tres idiomas, con preferencia polo galego, de dominio dos alumnos.

EEDUCACIÓN PRIMARIA

Título

          Autor/a

Editorial

Idioma

Unha cabana na lúa 

Santiago Jaureguizar

Baía Edicións

Galego

Os Megatoxos e o aprendiz de druida

Anxo Fariña

Xerais

Galego

Moncho e Dríar

María García Yáñez

Xerais

Galego

Non deixarei de buscarte.A historia de Quin

Alicia Tojeiro

Galaxia

Galego

Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido

Santiago Jaureguizar

Galaxia

Galego

Saínza a punkereteira

María Canosa

A Costureira Edición

Galego

Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo

Santiago Jaureguizar

Xerais

Galego

A avoa gánster

David Walliams

David Walliams

Galego

Mapa.gal (poemas escollidos)

Eva Teixeiro

Edición propia

Galego

Las increíbles aventuras de 10 calcetines fugitivos

Justyna Bednarek

Duomo

Castelán

Asesinato en el Canadian Express

Erik Wilson

SM

Castelán

El cuarto de las ratas

Alfredo Gómez Cerdá

SM

Castelán

EDUCACIÓN SECUNDARIA

Título

Autor/a

Editorial

Idioma

O conserxe

José Luís Vázquez Somoza

Xerais

Galego

Corazón de chocolate

Santiago Jaureguizar

Xerais

Galego

O veleno da risa

Santiago Jaureguizar

Xerais

Galego

A coroa de Napoleón

Santiago Jaureguizar

Xerais

Galego

O Principiño

Antón de Saint Exupery

Galaxia

Galego

A avoa ganster

David Walliams

Sushi Books

Galego

A pedra do seixo

María Canosa

Sotelo Blanco

Galego

A gruta da torre

Lois Pérez

Xerais

Galego

Os Megatoxos e o reto de Internet

Anxo Fariña

Xerais

Galego

Mapa.gal

Eva Teixeiro

Edición propia

Galego

Cuando brillan las estrellas

Victoria Jamieson, Omar Mohamed

Maeva

Castelán

Los diarios de Cereza

Aurelie Neyret, Joris Chamblain

Alfaguara

Castelán

Asesinato en el Orient Express

Agatha Christie

Booket

Castelán

Moby Dick

Herman Melville

Alianza

Castelán

All About the USA

VV.AA.

Burlington

Inglés

 

    GRUPO ADULTOS

Título

Autor/a

Editorial

Idioma

Síbaris

Domingo Villar

Siruela

Galego

Materia

Yolanda Castaño

Xerais

Galego

O derradeiro libro de Enma Olsen

Berta Dávila

Galaxia

Galego

As alumnas

Paula Carballeira

Galaxia

Galego

Mapa.gal

Eva Teixeiro

Edición propia

Galego

Ninguén contará a verdade

Pedro Feijoo

Xerais

Galego

Outra idea de Galicia

Miguel A. Murado

Debate

Galego

Cuando el viento sopla

Raymond Briggs

Blackie Books

Castelán

El cuerpo de Cristo

Bea Lema

Astiberri

Castelán

Tres enigmas para la organización

David Safier

Seix Barral

Castelán

Los reyes de la casa

Delphine de Vigan

Anagrama

Castelán

La conjura de noviembre

Sergio Mayo

Adarve

Castelán

Los incomprendidos

Pedro Simón

Espasa

Castelán

Reencuentro

Fred UHlman

Maxi-Tusquets

Castelán

La uruguaya

Pedro Mairal

Libros del Asteroide

Castelán

Recuerdos de un jardinero inglés

Reginald Arkell

Periférica

Castelán

Bailaréis sobre mi tumba

Alba Carballal

Seix Barral

Castelán

V13

Enmanuel Carrere

Anagrama

Castelán

No Blog  están actualizadas e detalladas case todas  as actuacións levadas a cabo nas distintas sesións.                                     

Na última reunión do Grupo de adultos, adxudicámonos deberes repartindo os seguintes títulos para valorar durante o verán e propoñer para o próximo curso: “Mea culpa”,“El niño”, “Las hijas de la criada”, “El descontento.”