31/5/11

23/5/11

Vai de contos...

O xoves 31 de marzo, os grupos I e II, escoitamos moi atemorizados un relato estremecedor do xenial Edgar Allan Poe: "El retrato oval". E, como lle collemos o gusto a isto dos relatos, decidimos ler na casa:
"O barco da princesa" de Antonio Reigosa
"O vello guardián" de Xosé Neira Vilas
"Le concedo un deseo" de Natalie Babbitt
"Un río de palabras" de Agustín Fernández Paz
"No mire atrás" de Fredric Brown.

22/5/11

Comentario de "The adventures of Huckelberry Finn"

O xoves 17 de marzo reunímonos, os grupos I e II, para comentar "The adventures of Huckleberry Finn" de Mark Twain. Tivemos a inmensa fortuna de contar coa colaboración de Samuel (o noso auxiliar de conversa) e Ana Mª Arias (xefa do departamento de inglés).

Samuel falounos un pouco da vida de Mark Twain e ensinounos fotos do célebre autor. Co gallo da devandita lectura, aproveitou para presumir de paraxes naturais da súa terra natal facendo especial fincapé no río, que tan importante é neste libro, e a vida que levan os americanos en torno a el. Ana, rememorando a súa infancia, achegounos algúns comics da súa propiedade nos que se narran as aventuras de Huckleberry Finn e o seu famoso compañeiro Tom Sawyer.


Uns días despois, o xoves 31 de marzo, o grupo de adultos tamén comentou a lectura deste libro.

8/5/11

Comentario de "Cartas de inverno"

O xoves 17 de febreiro, o grupo II comentou a lectura de "Cartas de inverno" de Agustín Fernández Paz e o primeiro que se dixo foi: "Alguén me pode explicar o final?". Así que, xa sabes, anímate a lelo e sácanos de dúbidas!

Comentario de "Maus"


O xoves 10 de febreiro reunímonos o grupo de adult@s para comentar "Maus" de Art Spiegelman.
En xeral foi unha obra que nos gustou moito. Tod@s coincidimos en que máis que un comic, "Maus" é unha novela gráfica que, ademais de narrar un tema tan serio coma o holocausto nazi, emprega uns diálogos moi coidados e un simbolismo moi acertado á hora de representar as distintas personaxes: os xudeus son ratos, os alemáns son gatos, os polacos son porcos, ...
Na reunión tamén decidimos cal sería a próxima lectura: "The adventures of Huckleberry Finn" de Mark Twain. Os tres grupos do club leremos esta obra podendo elixir o idioma: inglés, galego ou español.