21/3/24

"Non deixarei de buscarte. A historia de Quin" engaiola aos lectores de 5º de EP.


A historia de Quin, calou tan profundo nestes lectores, que todos quixeron plasmar na súa libreta o sentimento de amor polos animais e o desprezo hacia os adultos que os maltratan sen motivo; insisten en que NUNCA  hai razón para pegar a un ser vivo, e menos a un animal que non pode defenderse.

Denuncian a actitude do primeiro dono que fixo escapar a Quin, e como logo non se quería achegar aos homes especialmente.

Marabillosa historia de amor polos animais! 

É un libro aconsellable para lectores de todas as idades.






"O veleno da risa" enreda con historias de Lugo aos lectores de 3º de ESO

 


Santiago Jaureguizar, presenta a Tintimán e o seu gato torto, Grozni, na procura duns planos do século III, que se usaron para construir a muralla de Lugo e apareceran nunha excavación arqueolóxica.
Unha vez máis o avispado reporteiro debe negociar co misterioso Home da Máscara, que lle pide entrar no Museo Provincial para roubar nada menos que o Carneiro alado.
Ademáis da fantasía da historia, hai asasinatos, amoríos con diferentes intereses e presentación de lugares da cidade pouco recoñecidos na actualidade.




"A coroa de Napoleón" e Tintimán descobren historias da Coruña aos lectores de 2ª de ESO.

Tintimán é un rapaz que herda do pai a paixón por investigar misterios , gústalle a aventura e preséntase como reporteiro dun xornal local. Axúdase das artimañas do seu gato torto, Grozni, e maila súa compañeira de clase Mónica , que quere conseguir algo máis que compañía.

Esta historia está situada na Coruña, e na desaparición misteriosa da coroa de Napoleón que o goberno francés lle emprestara á cidade para conmemorar o bicentenario da batalla de Elviña; os protagonistas deben atopala inmediatamente para evitar un conflicto diplomático.

Este relato de Jaureguizar dalles a coñecer certa historia e  diversos emplazamentos da cidade.





 

6/3/24

"Los reyes de la casa" e "La conjura de noviembre", comentadas polo grupo de Adultos.


 "Los reyes de la casa" de Delphine De Vigan, mantívonos intrigados a todos ata o final.

 A temática da explotación de menores, exposta nas redes sociais mediante imaxes diarias de menores, cedidas  por uns pais con afán lucrativo, deixa entrever a súa propia infelicidade. Amósanos a diferencia entre o que se enseña e a realidade que viven na familia. Demostra a insatisfación dos protagonistas que de adultos denuncian aos propios pais.

É unha novela con linguaxe traslúcido e preciso, de fácil lectura que conmove e incita a descubrir tan tráxico final. 


"La conjura de noviembre" de Sergio Mayo, é un sinxelo relato sobre a investigación do asesinato de Kennedy, e as irregularidades durante o xuizo, descubrindo  as forzas vivas implicadas tanto no feito en si como na investigación: CIA, FBI, membros do goberno, políticos, famosos...