10/6/14

ANDAMOS A LER POR LUGO ADIANTE

   Ata tres veces tivemos que cambiar a data da nosa particular ruta literaria pola cidade amurallada a causa das alertas meteorolóxicas pero finalmente, o 18 de febreiro, conseguimos que as nubes deixasen de pingar e facer a viaxe prevista. Comezamos por coñecer a Biblioteca Nodal de Lugo, alí explicáronnos o seu funcionamento, visitamos as salas con donacións que albergan verdadeiras xoias nos seus estantes, e faláronnos das actividades culturais que promove este espazo cultural. Aquí vos deixamos o enlace á sua páxina por se queredes estar informadas e informados.
BIBLIOTECA PÚBLICA LUGO

Despois botamos a andar ate a estatua de Rosalía de Castro e alí comezamos a lectura compartida de diversos autores galegos. Tamén visitamos a cadena Ser e participamos na lectura de poemas de Manuel María. Aquí vos deixamos unhas imaxes do que foi esta bonita xornada.













17/3/14

To Kill a Mockingbird...

...ou para nos mais coñecido como Matar a un ruiseñor é o titulo que nos agarda para a seguinte xuntanza. Xa, sen querer, imos comentando polos corredores o moito que nos está a enganchar esta novela da que a maioría de nós sabíamos pola película protagonizada por Gregory Peck, asi que ÁNIMO FAMILIAS!!! vide recoller un exemplar á biblio do centro e unídevos ao grupo !!!! Xuntarémonos o vindeiro 1 de abril as 16.15. Ogallá sexamos moit@s!!!

19/2/14

XUNTANZA SOBRE O DIARIO DE NOAH

O 24 de xaneiro xuntámonos na biblioteca do centro o grupo II do club de lectura para comentar as impresións sobre a obra de Nicholas Sparks, El cuaderno de Noah. Á maioría de nos gustounos mais o libro que a película e adicamos case toda a sesión a falar das diferenzas que atopabamos entre eles. O que mais nos chamou a atención foi a interpretación que fixeron do personaxe principal no filme que non nos encaixaba con como se nos presenta no libro.
Foi un libro que en xeral gustou e que nos permitíu falar de emocións e sentimentos así coma de reflexionar sobre o esquecemento e o amor.

24/1/14

REMATOU A HISTORIA...

O pasado mércores 22 de xaneiro xuntámonos na biblioteca do centro para falar sobre a obra de Michael Ende , La Historia Interminable. Recordamos algunha das personaxes fantásticas que mais nos chamaron a atención coma o "comerrocas", o dragón "fuyu" ou o valente "atreyu". Puxemos en común as nosas opinións sobre a película e o libro que en xeral non convenceu moito aos nosos lectores.
Nesta entrada queremos dar ademais a benvida ao noso club a Antía, a nosa compañeira de Lousada que o próximo curso virá para o noso centro a cursar 1º de ESO.
Agora xa so nos queda falar do novo libro de lectura pero iso será noutra entrada deste blog xa que a obra ben o merece...
Ate pronto lectoras e lectores!!!