23/2/22

Grupo de adultos lendo por triplicado: "Los ingratos"- "Azucre" - "Virtudes e misterios"

 O grupo de adultos reuníronse hoxe para comentar as lecturas escollidas na derradeira reunión.

"Los ingratos" foi moi valorada pola temática tratada, a vida das mestras de antaño, nas que moitos de nós temos recordos pola propia profesión. Destacamos a entrega e confianza mútua entre a protagonista e a coidadora dos fillos, beneficiándese mútuamente.

É unha novela de lectura áxil e recomendable.

Tanto en "Azucre" como en "Virtudes", tocan as penurias da emigración contadas pola propia vivencia dos protagonistas.

Azucre é demasiado rápida e deslabazados os acontecementos. Nótase pouca documentación.

 Virtudes é un relato fiel da dureza e atrancos soportados por unha avoa que emigra a Londres para sacar adiante á familia; o seu sufrimento vese compensado cos éxitos dos fillos e co poder económico que reparte cos netos. Como soe pasar, non lle dá tempo a disfrutar dos seus retiro. 

A linguaxe é sinxela e de fácil lectura.,convidando a buscar o remate axeitado.

Todos a valoramos positivamente e merecedora dos premios acadados.

Ana Arias aportou elementos típicos ingleses que a protagonista enviaba á familia periódicamente ou ben se citaba na novela: COLLINS INGLES, PG tips, Baked beans e Charlie and the Chocolate Factory, co que nos devolveu á propia lectura e vivencias de Virtudes.









17/2/22

Lendo ciencia: "Os nenos da varíola" e os lectores de 4º ESO

Coa profesora de ciencias para axudarrlles a lembrar cada detalle da lectura: "Os nenos da varíola", os alumnos de 4º de ESO, reuníronse na biblioteca.
 Empezaron opinando do tema tan actual e destacaron o éxito do proxecto a pesar das dificultades daquela época, tanto económicas, de infraestructuras como de loxística. 
 Salientouse tamén a valentía dos organizadores, en especial d@s responsables da misión por levar menores ao seu cargo. Reflexionaron tamén sobre a repercusión sanitaria que ese experimento tivo e ten na actualidade. Comparouse o uso desta vacina co das da pandemia que estamos a soportar.
 Foi valorada positivamente por relatar un feito real e ser contada con vocabulario e expresións de fácil asimilación.

16/2/22

Coñecendo mundo...

Os alumnos de 3º de ESO, exploran outro país e noutro idioma. Dado que Jean, a Auxiliar de conversa é americana, quixemos abundar na presentación que nos fixo do seu país e así ter máis preguntas para cotexar e/ou ampliar a súa información. Coordinad@s pola profesora de inglés,comentaron o que leron e aprenderon e incluso responderon por escrito a unha sinxela batería de preguntas. Algúns alumnos recoñeceron ter certa dificultade co novo vocabulario pero todos se sinten moi satisfeitos de telo intentado.