29/6/23

Convivencia de fin de curso do grupo de adultos

O día 22 de xuño os membros do grupo de adultos, xuntámonos para disfrutar dun xantar-convivencia de fin de curso. Ademáis de compartir as nosas inquedanzas, expuxemos as nosas opinións dos libros : "O home que matou a Antía Morgade" de Arantxa Portabales e  "Miss Merkel. El caso de la canciller jubilada" de David Safier.

"O home que matou a Antía Morgade" cosechou unha mala e unánime crítica de todas as lectoras; pouco creíble a trama, demasiadas mortes e un final previsto, sen intriga que te impulse a ler.

"Miss Merkel.." presenta fácil lectura, con párrafos humorísticos que convidan a atopar  aventurillas de ex-presidenta xubilada pero con habilidades policíacas.

Cada quen expuxo títulos para compartir no próximo curso e que poidamos adiantar nas vacacións. Suxestións: - V13 -  Bailaré sobre mi tumba - La uruguaya - O derradeiro libro de Enma Olsen. 




14/6/23

Escolma de contos de Álvaro Cunqueiro na Residencia San Salvador, lidos por alumnado do Club de lectura de 2º de ESO

Aproveitando que na viaxe cultural deste curso visitamos a casa-museo de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo, os alumnos de 2º de ESO, informáronse sobre as  obras literarias deste escritor. 

Toda vez que a temática deses tres libros que presentamos relatan vivencias que os nosos maiores ben puideron ter vivido, gestionamos a posibilidade de ir á residencia San Salvador de Guntín e ler algúns dos contos máis chocantes.

Seleccionados os contos de cada un dos libros, alumnos/as voluntarias/os de 2º de ESO, brindáronse a compartilos cos residentes. A pesar das dificultades de sonido, uso de máscaras e distancias por ser un grupo ben numeroso de asistentes, resultou unha lectura ben proveitosa e gratificante tanto para o alumnado como para os asistentes á lectura.

Os residentes estiveron moi atentos á exposición e pasárono ben, pero os alumnos/as a pesar de estar un tanto nerviosos, leron o previsto e de volta na clase, expresaron a preocupación pola vida e situación dos residentes; serviulles para reflexionar e valorar os privilexios da súa xuventude e situación social e económica da que dispoñen.




 

7/6/23

Lectores de 5º de EP, entusiásmanse con: "Maxia de pedra" e "Mi año"

 Analizaron pormenorizadamente o cómic "Mi año" e e o libro "Maxia de Pedra". "Mi año" fixo aflorar de empatía coa  protagonista xa que todos nalgún momento nos sentimos diferentes e tivemos que aprender a xestionar  as emocións que ese feito conleva.

 O libro "Maxia de Pedra" deunos pé a falar dos restos arqueolóxicos e a súa conservación e dos seres imaxinarios que a maioría creamos cando somos pequenos e como eses seres nos fixeron e nos fan compañía moitas veces.

 Dous libros moi valorados tamén polas súas ilustracións, sobre todo no primeiro caso.


 



O alumnado de 1º de ESO, con diversos acertixos, tentaron "asesinar" ás profesoras de Lengua e Matematicas.



Moito lles fixo pensar cada proba, adiviña, sopa de letras, acertixo, encrucillado... para ir contentando aos profesores e non ser asesinado ninguén, e o máis importante: aprobar as materias mediante xogos, empregando a imaxinación, xogando  e aprendendo!
A maioría dos lectores confesan terse divertido e involucrado na resolución dos enigmas.
Coinciden tamén en que debe ser un libro lido por tódolos alumnos/as que teñan dificultades para aprobar as matemáticas e a lengua porque aprenderán moitos "trucos" ben útiles e fáciles de resolver.
Na reunión, foron expoñendo os trucos que máis lles gustaron, e con eles elaboramos un mural para convidar ao resto de compañeiros a solucionalos.