21/3/13

Próximas reunións

Día internacional da poesía

Hoxe, día internacional da poesía, estamos de festa todos aqueles aos que lles gusta este xénero literario.
Mañá teremos os actos nos que o alumnado do centro compartirá a selección de poesías que ten preparado tanto en lingua galega, castelán e inglés

20/3/13

Lectura de "Aurora"

 Na sesión de hoxe do Club de Lectura falamos de Aurora, o relato de Xosé Neira Vilas.

Gustounos pola súa lingua sinxela, próxima á nosa e mais pola temática rural dos nenos que van aos niños.

13/3/13

Charla de Xabier P. Docampo

No día de hoxe recibimos a visita de Xabier P. Docampo ao noso centro. Na súa charla falounos da importancia da literatura na nosa vida, de como só a través deste medio podemos chegar a coñecer o mundo. Tamén nos dixo que os lectores máis asiduos son as persoas que mellor coñecen o mundo, razón pola que os réximes que queren impoñer a súa ideoloxía sempre procuran limitar o acceso aos libros, pois permiten chegar a crear interpretacións diferentes do mundo.

Finalmente animounos a ler boa literatura e falounos de obras que o marcaron a el como A illa do tesouro de Stevenson ou Crime e castigo de Dostoievski.

8/3/13

Próximos libros a ler

Os próximos libros que imos ler dentro das actividades do Club de Lectura da ESO son Ética para Amador de Fernando Savater e Mujercitas de Louisa May Alcott.

Deste último hay exemplares en castelán e inglés.

Aqueles que ledes relatos e obriñas máis curtas estamos escollendo un relato que vos poida gustar. Polo tanto xa vos avisaremos en canto teñamos a obra e mais a data da reunión.

Respecto ao grupo de adultos estamos a ler a novela breve de Ernest Hemingway, O vello e o mar.