10/6/14

ANDAMOS A LER POR LUGO ADIANTE

   Ata tres veces tivemos que cambiar a data da nosa particular ruta literaria pola cidade amurallada a causa das alertas meteorolóxicas pero finalmente, o 18 de febreiro, conseguimos que as nubes deixasen de pingar e facer a viaxe prevista. Comezamos por coñecer a Biblioteca Nodal de Lugo, alí explicáronnos o seu funcionamento, visitamos as salas con donacións que albergan verdadeiras xoias nos seus estantes, e faláronnos das actividades culturais que promove este espazo cultural. Aquí vos deixamos o enlace á sua páxina por se queredes estar informadas e informados.
BIBLIOTECA PÚBLICA LUGO

Despois botamos a andar ate a estatua de Rosalía de Castro e alí comezamos a lectura compartida de diversos autores galegos. Tamén visitamos a cadena Ser e participamos na lectura de poemas de Manuel María. Aquí vos deixamos unhas imaxes do que foi esta bonita xornada.