28/9/11

Primeiros libros para este primeiro trimestre

O grupo de 1º e 2º de ESO ten proposto o libro de Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, de 1951. Celebramos agora o seu 50 aniversario e é un libro moi entretido ao tempo que non deixa de ser unha obra clásica.

O grupo de 3º e 4º de ESO leremos como primeira lectura o libro de Agatha Christie O asasinato de Roger Ackroyd, a primeira obra realmente famosa desta famosísima autora de novela negra. Se non leste ningunha dela aínda é un bo libro para comezar. Se queres lelo online, pincha aquí para atopar o texto. Se prefires lelo en papel agarda uns días a que nos cheguen novos exemplares.

O grupo de adultos tamén leremos esta primeira obra de Ágatha Christie.

Tamén temos un grupo de lectura presencial. Nese grupo leremos nesta primeira sesión o relato de Suso de Toro, Así foi, doutor.

E para aqueles do grupo de adultos que queiran ir adiantando traballo, recordámoslles que poden ir lendo a obra de María Dueñas, El tiempo entre costuras, que pola súa lonxitude deixaremos para a volta de Nadal.

20/9/11

Novo curso

Desde a Consellería de Educación queren animarnos a que leamos e inician unha campaña de promoción da lectura nos centros escolares. Así que... ánimo e a ler!

13/9/11

Novo curso no club de lectura de Guntín

Iniciamos agora unha nova andaina co noso club de lectura pero fáltanos o fundamental: escoller os libros para este curso.

Cales propós ti? Queremos saber que libros che parece que lles gustaría ler aos teus compañeiros. Escribe un comentario a continuación se queres recomendarnos algunha lectura que che gustase e que penses que nos pode gustar aos demais.

Grazas pola túa aportación.