28/5/23

Saída cultural a Mondoñedo: museo Álvaro Cunqueiro, da imprenta, Centro de interpretación Camiño Norte. Faro e illa Pancha.

 O día 24 de maio, disfrutamos da viaxe cultural programada, e que serve de reclamo á participación no Club de lectura; 

Chegados á praza da catedral, explicóuselles que é Patrimonio da Humanidade , o estilo arquitectónico, a súa historia e seu o valor no Camiño de Santiago.

Museo da imprenta. Fomos asesorados polo impulsor e propietario da maior parte dos elementos alí expostos, Prestaron especial atención as primeiras letras empregadas e as "máquinas" así como aos primeiros carteis publicitario das festas.

Casa museo de Álvaro Cunqueiro, aquí foron entrando por grupos e cada profesor foi explicando as reliquias alí expostas. Como xa viñan con certos coñecementos, interesáronse especialmente na súa obra literaria.

Centro de interpretación do Camiño Norte. Un guía superameno fíxolles pensar e localizar datos ben interesantes de tódolos Camiños, e en concreto deste que está a ter tanta afluencia. A historia do entorno no que se ubica tamén cautivou aos alumnos da ESO.

Desprazámonos tamén a ver o Faro e illa Pancha, que os impresionou sobremaneira, e valoraron a limpeza do entorno.

O xantar- convivencia disfrutámolo nunha área recreativa da costa; había parque infantil, campo de fútbol e incluso apeadeiro de tren, que oportunamente pasou un para deleite da rapazada que non ten ocasión de velo tan preto. 

Foi todo un éxito poder compartir tanta cultura e interacc


ión con distintos cursos, 5º, 6º de EP e lectores dos catro cursos de ESO.




















21/5/23

Marisa Castro Cerceda, autora de: "A saga das curandeiras" de tertulia con lectores dos grupos de 2º, 3º, 4º de ESO e adultos.

 O venres 19 de maio , Marisa Castro Cerceda, autora da novela: "A saga das curandeiras" tivo a deferencia de compartir co alumnado dos grupos de 2º, 3º,4º de ESO e adultos, a intencionalidade da súa primeira novela con referencias científicas. 

Os lectores do grupo de 4º de ESO e de adultos, tiveron este mes esa novela como lectura, para os de 2º foi voluntaria , e anque  non todo o alumnado a tiña rematada, fixéronlle tales preguntas que coas respostas recibidas, comprometéronse a acabar de lela  para debatila na próxima xuntanza. 

A sesión comenzou coa presentación da autora por parte de Ana Arias, representante destacada do grupo de lectores adultos; fixo un breve pero intenso resumo da vida profesional de Marisa Castro como docente universitaria e divulgadora científica (unha centena de traballos de investigación e máis de 25 libros sobre cogumelos, plantas e árbores). 

A autora comenzou explicando que teceu esta novela porque necesitaba transmitir a información que ela ten sobre a vida persoal e o papel desas persoas tan importantes na sociedade rural  durante boa parte do século XX. Como docente que foi, insiste en que se debe coñecer e difundir a vida dos nosos devanceiros, neste caso, as curandeiras que cubriron necesidades sanitarias.

Aclarou que con esta obra presentou unha aproximación ao uso das herbas e cogumelos tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas.

A tertulia.-coloquio foi do máis gratificante para todos os asistentes e consideramos que é o mellor xeito de profundar tanto no tema como no papel dos protagonistas.






9/5/23

" La casa del tejado rojo" e " Dos lágrimas por Máquina" ,lecturas compartidas polo alumnado de 6º de EP.


Os alumnos/as de 6º de EP, len  "La casa del tejado rojo" e "Dos lágrimas por Máquina" simultáneamente , intercambiaándoos ó seu remate.
"La casa del tejado rojo" considérana lectura obrigatotoria porque a protagonista ensínanos a ser consecuente cos nosos principios ata atopar a felicidade, e a pesar das incomprensións dos adultos que nos rodean.
 A protagonista   converte o cotidiano en  aventura e detalles que ao resto lles pasan desapercibidos, ela veos como auténticos tesoros. 
Daniela, amparada por unha escritora recén chegada ao pobo, non fai máis que soltar a súa imaxinación e crear un mundo que lle axude a escapar dun entorno que sente que non está feito para ela.
"Dos lágrimas por Máquina" é unha historia que ben podía ser a de calquera dos lectores que tiveran un can tan sensible e cariñoso como Máquina.
 Julia sinte a ausencia da súa mascota tanto que comenza a baixar as calificacións, a estar triste...
Máquina, faltaba con frecuencia, pero a última ausencia xa é demasiado longa... Finalmente reaparece malferido pero non sente rencor porque a familia o abandonara; volta por amor a Julia. O perdón e a reconciliación é a ensinanza proposta por Fina Casalderrey.







7/5/23

"El rostro de la sombra" encandila e fai reflexionar ao alumnado de 3º e 4º de ESO

 


"El rostro de la sombra" de Alfredo Gómez Cerdá coa súa linguaxe áxil , con diálogos verosímiles que lle dan dinamismo e profundidade aos personaxes, conseguiu que os dezaséis alumnos de 3ª e 4ª de ESO, foran quenes de rematar a súa lectura; contestaron axeitadamente a unha batería de vinte preguntas de resposta curta e logo comentamos distintas actuacións dos protagonistas.

Conclúen que o argumento é : o que ía ser unha aventura  divertida, ir de "movida, tirar unhas pedras á M30, grabar e subir o video para que se faga viral, convértese nun pesadelo por implicar ás propias familias e o instituto, e intervención da policía.

A obra é un drama sobre a amizade,  a xusticia , a pérdida...onde se desencadenan sentimentos contradictorios e consecuencias indeseadas.

É unha lectura moi recomendable porque os propios lectores se ven protagonistas e reflexionan nas consecuencias de actos impulsivos e pouco valoradas as súas consecuencias.







2/5/23

"La isla del árbol perdido" e " El fundamentalista reticente" motivo de xuntanza do grupo de adultos.


Elif Shafak con "La isla del árbol perdido", sitúanos no ano 1974 durante a invasión turca e a destrución de Nicosia.
Apaixoante historia de dous namorados que se ven a escondidas nunha taberna na que medra unha figueira, que a súa vez é a única conexión que a protagonista ten coa terra dos seus antepasados.
Un camareiro agóchaos por ser ela turca musulmana e el griego cristiano, relación que non acepta a familia, máxime en tempos de invasión de Chipre por parte dos turcos.
Preséntanos unha detallada relación de usos, beneficios e disfrute de diversas plantas e animais,(eucaliptos, figueira, mosquitos, formigas...) e a relación directa coas persoas.
A linguaxe empregada é fluida, sinxela, e que convida a ler como se fósemos coprotagonistas.

"El fundamentalista reticente" de Mohsin Hamid "relata mediante un monólogo a vida dun brillante estudiante paquistaní; Changez, o protagonista, ascende vertixinosamente na élite social neoiorquina ata esquecer o seu orixe e vida familiar. Os acontecementos do 11-S , removen a súa conciencia e aparece o dilema moral que lle supoñen risco para a súa propia vida , plantexa a indecisión de seguir progresando ou protexer os ideais da súa nación e proteción da familia.  

O relato vai paralelo á vida real do propio autor polo que nos fai máis creíble a información exposta.