16/12/11

Felices festas de Nadal e moitos libros


Se queres ver o folleto de Nadal do Club de lectura, accede a el desde aquí.



15/12/11

Sesión sobre Memorias dun neno labrego
















Onte mércores tivemos a nosa última sesión do Club de lectura de adultos, á que sentimos que non puidesen asistir varios dos membros habituais.

Comentamos a obra Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, obra que nos gustou moito a todas as asistentes e na que puidemos ver o pouso da emigración no autor e mais como ese mundo reflectido na obra xa desapareceu do mundo rural do noso contorno. En cambio tamén vimos como outros aspectos, por exemplo o concepto da morte, todavía están moi presentes na nosa sociedade.


Agora que xa remata o ano, acordamos ir lendo a novela de María Dueñas, El tiempo entre costuras, con vistas á vindeira reunión, que terá lugar en xaneiro, á volta das vacacións de Nadal.

9/12/11

Sesión do Club de lectura en educación infantil 3 e 4 anos

O mércores 7 de decembro tivemos unha sesión moi especial do Club de Lectura. Estivemos na aula de educación infantil de 3 e 4 anos e lemos dous contos preciosos:

  • Chucho Cacho de Darío Xohán Cabana
  • O Pingüín de Teresa Durán



Ademais tivémos a sorte de que nos visitaron os pingüíns do conto.
Ao final fixemos uns debuxos preciosos dos contos: dos pingüíns e do ourizo cacho.










Axudounos moito Eva Fernández Castro que foi quen nos sacou estas preciosas fotos.