29/4/22

Día do LIBRO. Eu tamén leo e son do Club de lectura porque...

 Son dignas de ler , de reflexionar , de respectar e de ter moi en conta as reflexións que tódolos membros deste Club de lectura pensaron e escribiron neste mural que por ser tan grande tivemos que fotografar en partes.

...porque non hai mellor viaxe cun libro.

...me divirto, disfruto e aprendo.

...porque me evade dos problemas reais.

...ler axúdache a distraerte.

...se aprende moito.

...ler aprende a escribir.

...es muy bonito y puedes viajar mientras lees.

...compartir lembranzas, coñecemento e amizade.

...son do club de lectura porque hai excursión.

...me axuda a dormir mellor.

...me gusta ler, aprendo e son feliz.

...aprendo ortografía nueva, me divierto y paso el tiempo rápido.

...gústame  ler e disfruto nas reunións.

Son algunhas das opinións que igual nos se dan lido directamente do mural. Resumimos: disfrute, diversión, felicidade, aprendizaxe,  compartir, amizade...e excursión!

Teñen moita razón, non si? Para saber, VER ou LER!







"El lector de Julio Verne" - "La sociedad literaria de pastel de piel de patata de Guernsey"

 Os lectores do grupo de adultos puxéronse serios e leron unha das extraordinarias novelas de Almudena Grandes como homenaxe ao seu pasamento.

Gabamos a linguaxe exquisita e o mesmo tempo tan asequible, así como o tema, a sociedade da posguerra tan verazmente tratado. Fíxonos revivir os relatos escoitados por familiares, amigos...que tiveron a desgraza de vivilos en persoa.

"A sociedade literaria do pastel de pel de pataca de Guernsey",puidemos lelo en calquera das linguas, galego, castelán e inglés por ter exemplares dos mesmos. Foi unha novidade o sistema epistolar da presentación do relato pero tivo moi boa acollida tanto por recordarnos ese método de comunicación tan esquecido como pola facilidade de continuidade da lectura, son cartas con respostas pero cabe a súa lectura por independente. Salientamos tamén o toque humorístico.

O tema é ben de actualidade e reflicte o sufrimento das familias por separarse dos seres queridos, en especial os nenos cara a un futuro ben incerto en tempos de guerra.

Destacamos o poder da lectura para crear sociedade, como medio de comunicación, unión e de escape dun destino cruel ou a lo menos inseguro.

Anque se informou de que hai película, a maioría inclinámonos solo pola lectura.








23/4/22

¿Celebramos o día do Libro..? O alumnado de 6º lendo "A lingua das bolboretas"


 O alumnado de 6º no día 23 de abril, día do LIBRO, disfrutamos con unha lectura compartida e análise do libro " A lingua das bolboretas" de Manuel Rivas con fermosas ilustracións de Miguelanxo Prado que íamos admirando na pizarra dixital.








Préstamo intercentros

Dada a estreita relación entre o profesorado de linguas e coordinadores dos Clubs de lectura  co IES Xoán Montes, e pensando ter algún intercambio cos alumnos membros dos mesmos facemos reunións esporádicas. Debido a pandemia, seguimos sen programar nada concreto.

O que sí fixemos foi préstamos de libros, no 1º trimestre: "Unha estrela no vento" de Ledicia Costas e no 2º trimestre: 7 exemplares de "El rostro de la sombra" de Alfredo Gómez Cerdá. 

Na próxima xuntanza recolleremos impresións das lecturas e actividades feitas polo alumnad@.



9/4/22

Lendo por duplicado: "Ojo de nube" e "As flores radioactivas" en 6ª de EP

 O alumnado de 6º, coordinados por Belén de la Fuente, a súa Titora, intercambian 2 libros para aforrar e comprometerse a respectar tempos de posesión de libros.

"Ojo de nube" foi o máis valorado pola temática tratada: Superación de obstáculos, o protagonista, un neno cego é capaz de facer vida  similar aos compañeiros, eso sí, coa súa axuda e moita forza de vontade.

De  "As flores radioactivas" destacan a similitude con feitos actuais, o risco de explosións nucleares, a ubicación e a repercusión na natureza, especies animais., humanidade... a vida en xeral.

Para afondar a análise das lecturas traballaron e complimentaron unha ficha cos datos xerais, persoaxes, argumento e opinión persoal. 

Recomendan a súa lectura polos valores que tratan e que debemos adquirir e polo que disfrutamos buscando o final.







A intriga apodérase dos alumnos de 5ª EP con "Os Sabugos entran na casa do pé esquerdo"

 Moito lles deu que pensar a comentar do motivo da desaparición dos zaparos do pé esquerdo das ventás de todas as casas do seu pobo.

Cada quen deu a súa versión e consensuamos unha posible e axeitada solución.

Gustoulles moito esta lectura por verse no papel de detectives e pensan na 2ª parte para comprobar as súas especulacións.                                                    













Alumnos de 1º e 2º ESO tamén disfrutan lendo en inglés

 The Prince and the Pauper foi o libro escollido para este mes.

E atrevéronse a ler os bocadillos representativos de tan fermosa lectura.

Analizaron as diferencias sociais a través dos seus protagonistas que foron quenes de verse no papel do antagonista. Destacan as cualidades do Príncipe que ademáis de fermoso é boa persoa.










5/4/22

Os alumnos de 4º de ESO interésanse por USA

 Este mes seguimos coas lecturas en inglés e os alumnos de 4º de ESO, descobren o máis representativo deste país.

Coordinados por Ana Arias, a súa profesora de inglés, foron comentando o que máis lles chamou a atención e os datos que eles non coñecían antes de ler este libro.

Relacionan os datos novos cos xa coñecidos a través doutros medios, cine, televisión ...