24/1/14

REMATOU A HISTORIA...

O pasado mércores 22 de xaneiro xuntámonos na biblioteca do centro para falar sobre a obra de Michael Ende , La Historia Interminable. Recordamos algunha das personaxes fantásticas que mais nos chamaron a atención coma o "comerrocas", o dragón "fuyu" ou o valente "atreyu". Puxemos en común as nosas opinións sobre a película e o libro que en xeral non convenceu moito aos nosos lectores.
Nesta entrada queremos dar ademais a benvida ao noso club a Antía, a nosa compañeira de Lousada que o próximo curso virá para o noso centro a cursar 1º de ESO.
Agora xa so nos queda falar do novo libro de lectura pero iso será noutra entrada deste blog xa que a obra ben o merece...
Ate pronto lectoras e lectores!!!

4 comentarios:

  1. Despois de todo non era tan "interminable", aínda que levaba tempo lelo. Está claro que o autor tiña imaxinación para máis dunha historia interminable.
    Saúdos para tod@s e benvida ao club, Antía!

    ResponderEliminar
  2. Sí levaba tempo leelo, era máis bonito ao principio, xa que cada vez era moito máis fantastico !!
    Beeeenbbida Antía ! :))

    ResponderEliminar
  3. A min o gustoume máis ao principio, xa que cada vez pareciame máis fantástico.
    Benvida Antía !

    ResponderEliminar
  4. Estibo ben,agora a polo seguinte!!Boas,Antía.:)

    ResponderEliminar