29/11/13

PERSÉPOLIS AGÁRDANOS...

 Bo día benqueridas e benqueridos lectores!!!
A seguinte obra proposta para o club de lectura de adultos é o cómic en branco e negro de Marjane Satrapi titulado "Persépolis". Trátase dunha obra autobiográfica na que a autora relata a súa vivencia primeiro nun réxime fundamentalista islámico e máis tarde en occidente.
Este cómic foi levado ao cine no 2007 sendo nominada a diversos premios e recibindo entre outros o Premio do xurado de Cannes. Podedes ver a película a través de este enlace (filme persépolis).
Na biblioteca contamos cun exemplar da banda deseñada en galego, outro en castelán e outro en francés, língua orixinal da obra.
Para debater sobre esta nova lectura quedamos o vindeiro 9 de decembro as 4.15 na biblioteca do centro. Ogallá  vos animedes moit@s a vir!!!! (

O GRUPO III XA ESTÁ EN MARCHA...

Hoxe xoves xuntámonos o grupo de adultos  par a compartir as nosas opinións sobre o relato " Los muertos" incluido no libro Dublineses de James Joyce.
Para algunha este era o primeiro achegamento á obra de James Joyce, para outras un momento para volver pensar sobre o lido xa no pasado.
O certo é que a ningunha nos deixou indiferentes. Puidemos ademáis ver como este relato foi fielmente levado ao cine por John Huston, sabendo transmitir as mesmas sensacións ca lectura e engadindo certos elementos que nos achegan un pouco mais á figura de James Joyce.
Agora xa estamos preparadas para lanzarnos á seguinte lectura....alguén se anima?
Bicos de letras

27/11/13

A HISTORIA DE NOAH...

O pasado venres 15 de novembro xuntámonos na biblioteca para compartir o inicio  da obra de Nicholas Sparks, "El cuaderno de Noah". Acudiron o alumnado de 3º e 4º de ESO e algúns máis de 2º que escolleron esta obra como lectura para este trimestre.

A sensibilidade de Noah chegounos moi fondo e xa estamos intrigadas en saber cal é a historia que encerra o seu caderno...

Por fin  temos no centro a película para quen quera vela.
Un saúdo entre libros e ate pronto queridos e queridas lector@s!!

13/11/13

PRIMEIRA LECTURA. GRUPO II

 Xa temos a data para realizar a primeira lectura compartida co segundo grupo de alumnado. Trátase de algunhas compañeiras de 2º de ESO que elixiron ler esta obra mais as compañeiras de 3º e 4º de ESO.
 Imos comezar ca lectura en grupo do primeiro capítulo do "Caderno de Noah" de Nicholas Sparks, para iso vémonos o vindeiro venres 15 de novembro durante o recreo na  biblioteca.

Este libro foi levado ao cine no 2004 polo director Nick Cassavettes e baixo o título en español de " El diario de Noah".

Xa nos tarda adentrarnos nas páxinas dese diario que semella estar cheo de sentimentos ben fondos...
Lembrade acudir á xuntanza co voso carné do club de lectura!


Ata pronto benquerid@s lectores e lectoras!!!!

11/11/13

COMEZOU A HISTORIA INTERMINABLE...

 Deste libro xigantesco sairon as copias do primeiro capítulo da Historia Interminable. Fixemos unha lectura compartida durante o recreo do xoves cousa que despertou curiosidade no resto das compañeiras. Xa empezamos a coller os exemplares que tiñamos na biblioteca e mais os que nos trouxeron do IES Lama das Quendas de Chantada e o IES de Quiroga. Grazas compañeiras!! Ademáis para os que ainda non temos exemplar e non podemos aguantar as ganas de saber o que lle vai pasar agora a Bastian está o libro en formato .pdf.
Pasamos un rato moi entretido no que mais da metade dos que alí estabamos limos en voz alta para compartir o principio deste libro que parece que nos vai enganchar.
Ademáis nesta sesión entregóusenos o carné do club de lectura que teremos que ir selando en cada xuntanza e será o que nos permita facer a viaxe literaria no terceiro trimestre.

7/11/13

LIBROS QUE MARCHAN...

pero que voltarán!!!

Estes libros marchan para Chantada para o IES Lama das Quendas onde teñen un numerosísimo club de lectura de alumnado e de adultos.
Ogallá que disfruten moito da lectura!!!

Ate pronto queridos lectores !
Ate pronto queridas lectoras!

4/11/13

PRIMEIRA LECTURA. GRUPO I

Tamén o alumnado empeza a aventura da lectura!!  Nesta ocasión, o grupo de 6º de primaria e 1º e 2º de ESO, farémolo cunha obra fantástica na que nos mergullaremos da man do seu protagonista, un rapaz apaixoado pola lectura, nun mundo máxico cheo de sorpresas e  emocións.

O vindeiro xoves 7 de novembro vémonos todas e todos na biblioteca para iniciar esta andaina coa lectura en común do primeiro capítulo.

Estade atent@s ao blog xa que próximamente informarémosvos da data e horario na que  se fará o pase do filme no centro.

Ata pronto e feliz lectura!!!