28/5/25

Con "Mi año" e "Asesinato en el Canadian Expréss "os Lectores de 5º de EP, ilústranse este mes.

"Mi año" lectura ilustrada de Jiro Taniguchi e "Asesinato en Canadian Express" de Eric Wilson son lidas, analizadas mediante batería de preguntas individualmente, e comentadas en grupo no recuncho de lectura da biblioteca coa axuda da súa Titora.
Con  "Mi año"descobren unha conmovedora historia cuxa protagonista é diferente, unha nena con síndrome de Down. Valoran a sensibilidade , capacidade de adaptación e a aceptación de Capucine 
ao seu entorno e as súas limitacións, loitando incluso co desacougo dos pais por satisfacela.
Destacaron o formato cómic como facilitador da lectura provocando unha análise de formas e cores relacionándoas coa   temática de xeito divertido.

"Asesinato en el Canadian Expréss", lido en castellano pero comentado en galego, califícano de lectura extensa pero adictiva; a intriga de atopar o responsable do asesinato conduce a unha lectura rápida. Destacan o misterio tecido con varios sospeitosos, pero resaltan o traballo en equipo para obter un bo resultado.
Recomendan esta lectura tanto polo suspense  como pola linguaxe usada,  vocabulario e expresións fácilmente asimilables .


 
                                                                                 


27/5/25

"Mentira ", entretén, intriga, informa... a lectores de 3º de ESO.


 "Mentira", de Care Santos, novela receptora do Premio Edebé de Literatura Xuvenil, encandila aos lectores de 3º de ESO,valorándoa por unanimidade con sobresaliente.

A través da protagonista, Xenia, rapaza de excelente currículo que quere ser médica, expón os perigos de Internet; o reclamo é precisamente a pasión pola lectura. 

Nun foro comparte opinión sobre "El guardián entre el centeno"con Marcelo (Eric) do que termina enamorándose pero retrasa coñecerse persoalmente porque está no cárcere por un asunto ben escabroso. Despóis de longas indagacións descobre a súa identidade e o motivo da súa situación persoal.

Destacan os lectores a colaboración da estricta familia, entendendo o perigo corrido pola protagonista e  brindándolle toda a axuda necesaria ante os perigos das redes sociais e Internet en xeral polas falsas identidades.

A linguaxe é moi clara e a exposición de feitos tan fluida que facilita a lectura. Moi recomendable!