4/7/23

Memoria-resumo de actividades do curso 2022-23 e lecturas propostas ou pendentes de reunión.





Na memoria , ademáis do resumo das actividades levadas a cabo no curso 2022-2023:

- Reunións mensuais por grupos de lectores para comentar os libros lidos.

- Asistencia ao centro ás reunións para comentar os seus libros os escritores:

    Marisa Castro Cerceda pola novela: "A saga das curandeiras"

    Xosé Luís Vázquez Somoza pola novela."O conserxe"

-Saída á Residencia de maiores de Guntín para compartir contos de Álvaro Cunqueiro cos residentes.

- Saída cultural a Mondoñedo (museo da imprenta, casa-museo de Álvaro Cunqueiro, centro de interpretación do Camiño Norte), faro e Illa Pancha e xantar-convivencia, achegouse a listaxe dedas lecturas tratadas.

EDUCACIÓN PRIMARIA

Título

Autor/a

Editorial

Idioma

Fideliño o carteiro

Heidi Kun-Bode

Bruño

Galego

Ti non xogas

Silvestre Gómez Xurxo

Merlín

Galego

Bruxa e familia

Paula Carballeira

Oqueleo

Galego

A idade de cristal

Lita Rivas

Everest Galicia

Galego

O agasallo de Anya

Sabela Núñez Singala

Árbore Galaxia

Galego

Maxia de pedra

Alba De Evan & Xavier Domínguez

Xerais

Galego

Conta nove estrelas

Andrea Maceiras

Xerais

Galego

Xelís, o guieiro das botellas de mar

Rosa Aneiros

Xerais

Galego

El club de los especiales

Jordi Sierra I Fabra

Anaya

Castelán

Jamalají- Jamalajá

Jordi Sierra I Fabra

SIF

Castelán

La casa del tejado rojo

Mónica Rodríguez

Anaya

Castelán

Dos lágrimas por Máquina

Fina Casalderrey

Anaya

Castelán

Mi año

Taniguchi-Morvan

Ponent Mon

Castelán

EDUCACIÓN SECUNDARIA

Título

Autor/a

Editorial

Idioma

O conserxe

José Luís Vázquez Somoza

Xerais

Galego

A saga das curandeiras

Marisa Castro Cerceda

Hércules

Galego

Os nenos da varíola

María Solar

Galaxia

Galego

Cartas de inverno

Agustín Fernández Paz

Galaxia

Galego

Sidi, unha viaxe cara á vida

Lino Braxe

Hércules

Galego

A avoa ganster

David Walliams

Sushi Books

Galego

 Escolma:Escola de menciñeiros/Os outros feirantes/Xente de acolá

Álvaro Cunqueiro

Xerais

Galego

E Xoel aprendeu a voar

Marica Campo

Obradoiro

Galego

El señor del cero

María Isabel Molina

Loqueleo

Castelán

113 cosas que hacer antes de los 13

VV. AA.

Alfaguara

Castelán

El asesinato de  profesora de lengua

Jordi  Sierra I Fabra

Anaya

Castelán

3l 4s3sin4to prof3sor  m4t3m4tic4s

Jordi Sierra I Fabra

Anaya

Castelán

El rostro de la sombra

Alfredo Gómez Sardá

SM

Castelán

All About the USA

VV.AA.

Burlington

Inglés

 

GRUPO ADULTOS

Título

Autor/a

Editorial

Idioma

A saga das curandeiras

Marisa Castro Cerceda

Hércules

Galego

Beleza Vermella

Arantxa Portabales

Galaxia

Galego

As malas mulleres

Marilar Aleixandre

Galaxia

Galego

Senlleiras

Antía Yáñez Rodríguez

Galaxia

Galego

A vida secreta de Úrsula Bas

Arantxa Portabales

Galaxia

Galego

O home que matou a A.  Morgade

Arantxa Portabales

Galaxia

Galego

Los enamoramientos

Javier Marías

Debolsillo

Castelán

La isla del árbol perdido

Elif Shafak

Lumen

Castelán

El fundamentalista reticente

Moshin Hamid

Tusquets

Castelán

Miss Merkel. El caso de la canciller jubilada

David Safier

Seix Barral

Castelán

Lo que la marea esconde

María Oruña

Destino

Castelán

 O grupo de Adultos comprometeuse a intercambiar os seguintes títulos para valorar como lecturas do próximo curso: Bailaré sobre mi tumba”, “La uruguaya”, “V 13 ”, “Recuerdo de un jardinero inglés”,”  Los muertos también gritan”...

29/6/23

Convivencia de fin de curso do grupo de adultos

O día 22 de xuño os membros do grupo de adultos, xuntámonos para disfrutar dun xantar-convivencia de fin de curso. Ademáis de compartir as nosas inquedanzas, expuxemos as nosas opinións dos libros : "O home que matou a Antía Morgade" de Arantxa Portabales e  "Miss Merkel. El caso de la canciller jubilada" de David Safier.

"O home que matou a Antía Morgade" cosechou unha mala e unánime crítica de todas as lectoras; pouco creíble a trama, demasiadas mortes e un final previsto, sen intriga que te impulse a ler.

"Miss Merkel.." presenta fácil lectura, con párrafos humorísticos que convidan a atopar  aventurillas de ex-presidenta xubilada pero con habilidades policíacas.

Cada quen expuxo títulos para compartir no próximo curso e que poidamos adiantar nas vacacións. Suxestións: - V13 -  Bailaré sobre mi tumba - La uruguaya - O derradeiro libro de Enma Olsen. 




14/6/23

Escolma de contos de Álvaro Cunqueiro na Residencia San Salvador, lidos por alumnado do Club de lectura de 2º de ESO

Aproveitando que na viaxe cultural deste curso visitamos a casa-museo de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo, os alumnos de 2º de ESO, informáronse sobre as  obras literarias deste escritor. 

Toda vez que a temática deses tres libros que presentamos relatan vivencias que os nosos maiores ben puideron ter vivido, gestionamos a posibilidade de ir á residencia San Salvador de Guntín e ler algúns dos contos máis chocantes.

Seleccionados os contos de cada un dos libros, alumnos/as voluntarias/os de 2º de ESO, brindáronse a compartilos cos residentes. A pesar das dificultades de sonido, uso de máscaras e distancias por ser un grupo ben numeroso de asistentes, resultou unha lectura ben proveitosa e gratificante tanto para o alumnado como para os asistentes á lectura.

Os residentes estiveron moi atentos á exposición e pasárono ben, pero os alumnos/as a pesar de estar un tanto nerviosos, leron o previsto e de volta na clase, expresaron a preocupación pola vida e situación dos residentes; serviulles para reflexionar e valorar os privilexios da súa xuventude e situación social e económica da que dispoñen.




 

7/6/23

Lectores de 5º de EP, entusiásmanse con: "Maxia de pedra" e "Mi año"

 Analizaron pormenorizadamente o cómic "Mi año" e e o libro "Maxia de Pedra". "Mi año" fixo aflorar de empatía coa  protagonista xa que todos nalgún momento nos sentimos diferentes e tivemos que aprender a xestionar  as emocións que ese feito conleva.

 O libro "Maxia de Pedra" deunos pé a falar dos restos arqueolóxicos e a súa conservación e dos seres imaxinarios que a maioría creamos cando somos pequenos e como eses seres nos fixeron e nos fan compañía moitas veces.

 Dous libros moi valorados tamén polas súas ilustracións, sobre todo no primeiro caso.


 



O alumnado de 1º de ESO, con diversos acertixos, tentaron "asesinar" ás profesoras de Lengua e Matematicas.



Moito lles fixo pensar cada proba, adiviña, sopa de letras, acertixo, encrucillado... para ir contentando aos profesores e non ser asesinado ninguén, e o máis importante: aprobar as materias mediante xogos, empregando a imaxinación, xogando  e aprendendo!
A maioría dos lectores confesan terse divertido e involucrado na resolución dos enigmas.
Coinciden tamén en que debe ser un libro lido por tódolos alumnos/as que teñan dificultades para aprobar as matemáticas e a lengua porque aprenderán moitos "trucos" ben útiles e fáciles de resolver.
Na reunión, foron expoñendo os trucos que máis lles gustaron, e con eles elaboramos un mural para convidar ao resto de compañeiros a solucionalos.