Así a todo, moitos dos participantes coincidiron en que non lles acabou de encher o ollo esta obra porque está moi enfocado ao investimento dentro dun contexto moi estadounidense.
14/5/26
La psicoloxía del dinero
O principiño
Falamos do simbolismo do libro, de que detrás da súa simplicidade é un libro moi complexo e, en xeral, as alumnas participantes coincidiron en que lles pareceu bastante complexo.
Estivemos vendo varias edicións en diferentes linguas así como unha preciosa edición con pop-ups que temos na nosa biblioteca.
6/5/26
Lectura de La muy catastrófica visita al zoo
Esta obra foi a última lida no grupo de familias do noso club de lectura. Debemos dicir que foi unha obra que xa gustara moito ao alumnado de 6º de primaria que pedira especificamente ler esta obra.
Ás familias gustounos moito tamén pero a lectura foi moi diferente. Os temas que tratamos foron os seguintes:
- o sentido do humor ao longo de toda a obra.
- o feito de que o punto de vista sexa o dunha alumna presumiblemente pouco fiable.
- o paradoxo de que a absurda hipótese inicial acabe por ser a acertada.
- o alumnado con discapacidade que pode ser escolarizado en centros convencionales ou específicos. Nesta novela aparecen as dúas posibilidades.
4/5/26
Páxina de M8porler
Na reunión de coordinadores de Clubs de lectura de Galicia, que tivo lugar o pasado 29 de abril en Santiago de Compostela, membros da Fundación Xistral acudiron para explicar como funciona o portal M8porler, que conta cun espazo específico para Clubs de lectura. Dada a súa posible utilidade, os nosos clubs quedaron inscritos ás poucas horas e contamos poder comezar o vindeiro curso utilizando esta plataforma.
Visita de Raquel Fernández ao noso Club
Recentemente contamos coa visita de Raquel Fernández, autora de Contas de buxo e I'm Obélix ao noso club. A autora de Gondomar falou tanto co alumnado da ESO coma co grupo de profesorado e familias sobre o proceso de creación da súa novela, a súa traxectora como escritora, a forma na que os feitos reais vividos por ela inspiraron a novela e detalles de I'm Obélix, a novela que dela que lemos este curso escolar,
Foi moi grata a súa presencia e o que máis sorprendeu, sobre todo no grupo de alumnado foi o feito de que se dedique á cociña e non a algo aparentemente máis relacionado co mundo da escrita.
Arrugas e Adelina
En conxunto gustáronnos moito as dúas obras pero todas sentimos debilidade pola obra de Paco Roca. Adelina ten un debuxo máis actual pero ambas lecturas coinciden no complicado de enfrontarse aos últimos anos de vida, onde as capacidades mentais van a menos, e as institucións non sempre están a altura.
30/4/26
Lecturas en infantil e primaria
Durante este curso desde o Club de lectura fomos facendo diversas lecturas en educación infantil e primaria. Estes son algunhas desas lecturas:
27/3/26
A avoa gángster
Coincidimos todos que é un libro no que custa chegar a saber como acaba pois a historia da avoa gángster é moi potente e verosímil. Tamén falamos desta avoa tan peculiar: peideira, con olor a repolo e con necesidade de maior atención, porque só conta coa presenza dos seus fillos cando a necesitan para algunha cousa.
Un libro interesante que nos fai desexar lerlle unha segunda parte, algo que esperamos ter na biblioteca proximamente pois hai outra novela do mesmo autor traducida na mesma colección máis recen
temente.
26/3/26
Reunión do grupo de familias
Esta novela, que nos fala do caso de acoso escolar de Isma, foi un pretexto perfecto para para poder falar sobre diversos casos reais de acoso escolar porque todas coincidimos no realista dos puntos de vista presentados na novela.
Tamén quedamos de vernos o luns 20 de abril cando a autora deste libro veña ao noso centro escolar para falarnos da xénese do libro.








.jpg)
