16/12/11

Felices festas de Nadal e moitos libros


Se queres ver o folleto de Nadal do Club de lectura, accede a el desde aquí.



15/12/11

Sesión sobre Memorias dun neno labrego
















Onte mércores tivemos a nosa última sesión do Club de lectura de adultos, á que sentimos que non puidesen asistir varios dos membros habituais.

Comentamos a obra Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, obra que nos gustou moito a todas as asistentes e na que puidemos ver o pouso da emigración no autor e mais como ese mundo reflectido na obra xa desapareceu do mundo rural do noso contorno. En cambio tamén vimos como outros aspectos, por exemplo o concepto da morte, todavía están moi presentes na nosa sociedade.


Agora que xa remata o ano, acordamos ir lendo a novela de María Dueñas, El tiempo entre costuras, con vistas á vindeira reunión, que terá lugar en xaneiro, á volta das vacacións de Nadal.

9/12/11

Sesión do Club de lectura en educación infantil 3 e 4 anos

O mércores 7 de decembro tivemos unha sesión moi especial do Club de Lectura. Estivemos na aula de educación infantil de 3 e 4 anos e lemos dous contos preciosos:

  • Chucho Cacho de Darío Xohán Cabana
  • O Pingüín de Teresa Durán



Ademais tivémos a sorte de que nos visitaron os pingüíns do conto.
Ao final fixemos uns debuxos preciosos dos contos: dos pingüíns e do ourizo cacho.










Axudounos moito Eva Fernández Castro que foi quen nos sacou estas preciosas fotos.

23/11/11

As flores radiactivas

Agustín Fernández Paz
As flores radiactivas

A próxima obra que leremos o alumnado da ESO como actividade do noso Club de Lectura será a obra de Augstín Fernández Paz, As flores radiactivas.

Esta novela ten moita acción e de seguro vos vai encantar. Se queres saber máis, preme neste enlace.

9/11/11

Sesións Memorias dun neno labrego e O señor mago e a folla

No día de hoxe celebramos dúas sesións do Club de Lectura Guntín.


No grupo de ESO durante o recreo comentamos a lectura do libro de Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, escrito en 1951.

Na sesión de Primaria lemos o libro de Toño Núñez, O señor mago e a folla.

4/11/11

Vindeiras reunións do noso club de lectura

Desde o Club de lectura Guntín, celebraremos dúas próximas reunións recentemente:

  • Grupo de alumnado mércores 9 no recreo para comentar Memorias dun neno labrego.
  • Grupo de profesorado xoves 10 para comentar O asasinato de Roger Ackroyd.

Xa nos veremos.

19/10/11

Primeira sesión do Club de lectura do curso 2011-2012

No día de hoxe tivemos a primeira sesión correspondente ás actividades do club de lectura 2011-2012. Lemos de forma presencial Así foi, doutor de Suso de Toro. Houbo unha importante asistencia á sesión e gustounos moito ó humor deste relato.

Tamén quedamos en ler para a próxima sesión, Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, novela da que se celebra este ano o seu 50 aniversario. Aínda está a data da sesión na que o comentaremos por fixar.

28/9/11

Primeiros libros para este primeiro trimestre

O grupo de 1º e 2º de ESO ten proposto o libro de Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, de 1951. Celebramos agora o seu 50 aniversario e é un libro moi entretido ao tempo que non deixa de ser unha obra clásica.

O grupo de 3º e 4º de ESO leremos como primeira lectura o libro de Agatha Christie O asasinato de Roger Ackroyd, a primeira obra realmente famosa desta famosísima autora de novela negra. Se non leste ningunha dela aínda é un bo libro para comezar. Se queres lelo online, pincha aquí para atopar o texto. Se prefires lelo en papel agarda uns días a que nos cheguen novos exemplares.

O grupo de adultos tamén leremos esta primeira obra de Ágatha Christie.

Tamén temos un grupo de lectura presencial. Nese grupo leremos nesta primeira sesión o relato de Suso de Toro, Así foi, doutor.

E para aqueles do grupo de adultos que queiran ir adiantando traballo, recordámoslles que poden ir lendo a obra de María Dueñas, El tiempo entre costuras, que pola súa lonxitude deixaremos para a volta de Nadal.

20/9/11

Novo curso

Desde a Consellería de Educación queren animarnos a que leamos e inician unha campaña de promoción da lectura nos centros escolares. Así que... ánimo e a ler!