28/6/22

Memoria en marcha, adiantamos taboleiro do Recuncho de lectura e murais!

 







"A sombra cazadora" intrigou aos lectores de 3º de ESO

Case non nos atrevemos a publicar nada do comentado porque deixou moito misterio e de difícil investigación esta lectura. Demasiadas peripecias con final incerto... polo menos xuntámonos e despedimos o curso endulzándonos.




 

Lectores de 5º de EP, remataron curso coa "Historia da buguina"

Moito lles deu que pensar...pero o certo é que calquer suposición era ben válida!

E velaí o caderno de Club de lectura aproveitado para o seu fin, terase en conta..!



 



O grupo de adultos ...comentan e refrescan!





 
As lecturas enriquecen, as lecturas conmoven, rememoran, refrescan, transportan, culturizan, ensinan, viáxannos, alégrannos...pero ante todo: XÚNTANNOS!
Bo verán lector a Tod@s!

Os lectores de 6º, superándose, e lendo por triplicado!


 Non hai dúbida que gustan da lectura e non queren dar pistas de qué van estes libros...só nos din: a lelos!





"El Principito"- "O Principiño" e os lectores de 1º de ESO

 Con este mural-selección de mensaxes escollida de tan brillante lectura, sobran as palabras!






22/5/22

Visita-obradoiro no Museo Etnolóxico: ler o patrimonio

O 19 de maio disfrutamos culturalmente falando dunha excepcional viaxe ao Museo Etnolóxico de Ribadavia que nos ofertaran no 1º trimestre e de xeito exclusivo para membros dos Clubes de lectura.

Anque son 64 os alumn@s que participan activamente nas actividades-reunións deste Club de lectura, por distintas circunstancias, asistiron 60 membros acompañados por 5 profesores.

O programa  previsto seguiuse íntegramente e de xeito moi entretido e satisfactorio; @s monitores repartíronnos en tres grupos para un maior aproveitamento.

- Obradoiro ler o patrimonio bibliográfico: con fondos bibliográficos e documentais da biblioteca do Museo Etnolóxico.

- Obradoiro ler o patrimonio moble: nas salas de exposición do Museo con pezas, obxectos, fotografías da colección do Museo Etnolóxico.

- Obradoiro ler o patrimonio inmoble: visita comentada polo castelo e zona histórica de Ribadavia.

Os alumn@s de 6º fixeron unha posta en común do visto e ademáis de vir encantados, manifestaron que o que máis lles impactou foi o obradoiro bibliográfico, os libros antigos, o sistema que tiñan de gardar e conservar os libros, os libros de texto diferenciados por sexos.

Tamén resaltaron o inmobiliario, historias sobre a Inquisición e a impronta dos xudeos en Ribadavia.

En xeral chamoulles a atención o do patrimonio mobiliario porque lles queda lonxe, tan diferente o que teñen e viven eles...

O grupo de maiores, centráronse máis no castelo indagando cada resto, e no propio pobo por ter conservado escudos, restos de casas e edificios tan señoriais.

Previamente visitamos o Museo do viño do que viñan sorprendidos do traballo tan duro que facían e dos aperos, barricas, materiais que empregaban. Moi educativo traspasalos a esas épocas para que cotexen e valoren .

O xantar na área recreativa tamén foi moi socializador, poder estar xuntos alumnos desde 5º de EP ata 4º de ESO, convivir, falar, xogar, bailar... COMPARTIR!

Só queda o agradecemento por ternos convidado a estes obradoiros,  polo bo trato recibido e a profesionalidade d@s monitores.

                                               


 
















" O contador de estrelas" e lectores de 4º de ESO

 Moitos temas tocamos con esta lectura que enganchaba fácilmente.  @s protagonistas son ben próximos a Nós, confesaban os lectores, puideron verse identificados tanto pola idade, polas actitudes como polas situacións expostas. 

Decátanse da extrema fantasía dalgún relato porque non é posible roubar unha avioneta e que ninguén os descubra toda unha noite ou conducila sen ter idea e  co copiloto borracho o seu carón...
Presenta unha temática moi real e lugares coñecidos por tod@s e axudounos a reflexionar sobre a terrible problemática dos incendios forestais e o seguimento que se fai ata extiguilos.

A linguaxe é sinxela e o vocabulario tamén é axeitado ao nivel. Recomendaríana para próximos cursos..