17/12/09

Xuntanza sección adultos

Os lectores de máis idade deste centro tamén lemos De profundis e comentámolo nunha breve xuntanza nestes días de intensa actividade escolar. As próximas propostas de lectura son El curioso incidente del perro a medianoche, Ollos de auga e El corazón helado; podedes votar por eles na páxina web do centro estes días. Hai que decidir cal é o seguinte antes de Nadal.

2 comentarios:

  1. Eu penso que para ler no Nadal, xa que estamos de festa rachada, mellor un libro non moi extenso. Poderiamos ler "El curioso incidente del perro a medianoche" que, ademáis de ser curto, é un libro moi bonito que ten relación co plan de mellora que se está a desenvolver no centro.
    Unha apreta e bo nadal!

    ResponderEliminar
  2. Que bonito libro!!! Que poético!!!! Os debuxos son impresionantes. Ultimamente vin a película e tamén paga a pena vela.
    Gustaríame que adicasemos algunha sesión a profundizar (nunca mellor dito)no mundo do cómic.
    Grazas por dinamizar tan ben a lectura no noso centro!!

    ResponderEliminar