18/3/10

Onte tivemos unha sesión de lectura en francés, moi divertida; Marta levounos un libriño moi ameno coa historia de Olivia e unha tira cómica "d'un enfant terrible" da viñeta suiza, Titeuf.

Que dicir deste pequeno libro-álbum de Ian Falconer, onde a intensidade da infancia é reflectida en só tres cores básicas (vermello, blanco, negro), de maneira que as palabras fican como agachadas, sometidas á sinxeleza cromática e narrativa.

Por outra banda, como presentar a este rapaz inxenioso, estrela no ámbito do cómic francófono, auténtico fenómeno de masas contemporáneo!
O éxito das súas historietas débese ó tratamento descarado, fresco e orixinal de temas máis ou menos escabrosos, como o sexo e o escatolóxico, que o autor fai, sempre evitando o que poida resultar ofensivo. Zep somérxese na perspectiva infantil, insólita e pouco comprensible para o adulto que ten outras coordenadas mentais, e alí xorde o cerne do seu humor.

2 comentarios:

  1. http://www.graphivore.be/mon-annee-de-taniguchi--le-chef-d-oeuvre-a-venir----news-2472.html

    Con isto de ler cómic en francés no clube de lectura antoxouseme mirar de ler algo mais. Atopei este volume de debuxos manga impresionantes que trata dunha nena co Síndrome de Down. É sinxelo e á vez impactante.
    María

    ResponderEliminar