19/1/24

Teatro, poesía, e narrativa para lectores do grupo de adultos

 


Teatro: "As alumnas", autora: Paula Carballeira.

O reencontro de dúas mestras no enterro da pedagoga galega María Barbeito , failles rememorar o papel das mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil e como o franquismo significou un  retroceso na educación do Estado. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e libertade das  persoas, especialmente das mulleres, é o tema da obra.

Poesía: "Materia", autora: Yolanda Castaño.

Disfrutamos da lectura en directo dun poema escollido por unha lectora entusiasta deste estilo literario.

Toda a obra mostra metafóricamente temas da memoria persoal e colectiva, a maternidade, a familia, as costumes, a casa e o paso do tempo.  Emprega unha linguaxe profunda, elegante e culta pero á vez comprensible e fácilmente interiorizable.

Narrativa: "Los incomprendidos", autor: Pedro Simón.

Unánimente declarada a mellor obra deste autor, tanto pola temática como pola exposición dos acontecementos empregando unha linguaxe propia dos protagonistas que convida a meterse no seu rol.

Trátase dunha historia  que podería ser real en calquer familia, a viaxe desde a infancia á intrépida adolescencia; os cambios da alborotada infancia ao silencio sepulcral.

 Sobresae a culpa sen dar solución convincente e que provoca máis soedade e incomunicación familiar.

Denuncia a ambición por ter mellor status social que tampouco implica máis felicidade. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario