Comenzaron os alumnos de 6º de EP, as lecturas, resumindo, tomando notas e expoñendo as súas opinións sobre "O meu pesadelo favorito"da escritora e periodista galega , María Solar.
Como mostra do interese pola lectura, eí vedes a reprodución da portada do traballo sobre este libro. No resumo reflicten os temas que os engancharon: nenos orfos de nais, veterinario que receita a neno enfermo, soños fantásticos por mór da febre, biólogo que fai experimentos raros cas árbores e cos animais , de xeito que nacen un dinorrinco e un hipodrilo. O máis relevante é cando chegan á sección de bicos que nunca se deran, e conseguen a tranquilidade dos protagonistas.Estes lectores recomendan este libro aos amantes das historias fantásticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario