Os lectores deste grupo, repartíronse para investigar trucos de intentos de asesinatos de profesores de varias materias.
Todos resultaron ser moi instructivos e divertidos. A lectura presenta unha serie de pistas a descubrir que están tan ben coordinadas que te manteñen en tensión ata o final. Todos rematan con un final tan feliz que a pesar dos títulos, ninguén morre, máis ben ,o alumnado se encariña con cada profesor e valora as súas cualidades ou rasgos da súa personalidade.
Danlle moi boa puntuación e recoméndano por ser de lectura fácil e moi interactivo.