11/2/25

O grupo de adultos comparten lecturas en formato: poesía, narrativa e artigos periodísticos.


 "Sonora" de Chus Pato, poeta galega que recibiu o premio nacional de poesía 2024.

Aproveitamos a sesión para ler e sentir varios poemas escollidos ó chou; seguidamente comentamos o noso parecer ante tan trascendental temática: a morte. Xoga co poder da palabra, expoñendo o valor da natureza, rememorando continuamente á mitoloxía e establecendo variadas conexións literarias.

"O libro das colunas" de Luisa Villalta, é unha escolma de relatos periodísticos que amosan profundas reflexións. Analiza a situación social, política e económica de diversas épocas que non distan demasiado das actuais. Destaca o seu compromiso coa lingua e culturas galegas.

"Sobre la tiranía", é unha exposición-denuncia das actuacións de determinados gobernantes acérrimos das súas ideoloxías que someten á poboación ata a súa anulación mental, social, laboral... Tamén expón modelos de resistencia de sociedades o longo da historia, e é de especial valor o decálogo de consellos que coinciden con´algúns títulos dos capítulos para non caer nuha tiranía do sistema que nos goberne.

"A noite das cebolas" de Rosa Aneiros, fai valorar o efímero valor do material ante a noticia dun inminente final por mor dun cancro. A protagonista fai repaso da súa vida desde a nenez, do éxito profesional , da familia e do fin existencial.

É unha tenra novela autobiográfica, con linguaxe clara, delicadas precisións nas descricións no relato do  cultivo das cebolas, do mútuo trato protagonista-coidador, do seu sufrimento ... que fan emocionar ao lector.



No hay comentarios:

Publicar un comentario