10/6/25

Triplete fan os lectores adultos: "Todo es verdad porque nadie mira", "Hamnet" e "Un elefante na sala de estar".

- "Un elefante na sala de estar" de Berta Dávila deu pé a reflexionar sobre sometimiento, silencio, apariencia de normalidade, sufrimento interior... que inducen ó suicidio.
 Presenta tamén o sentimento de culpabilidade dunha rapaza que ata reverter no coidado do violador que polo feito de ser "pai" é unha figura intocable e protexida da sociedade.
É unha lectura fácil  que convida a descubrir as motivacións deste tema tan actual e tan pouco tratado ca xuventude.

- "Hamnet" de Maggie O´Farrell, é unha obra moi ben escrita, con linguaxe escollida pero asequible e con tema conmovedor; combina misterio, entrega ás preferencias dos protagonistas, e historia. Provoca emoción por descubrir a relación coa mesma obra de Shakespeare, Hamlet. Non o consideramos un libro histórico pola falta de documentación
Destacamos o amplio coñecemento das plantas por parte da protagonista, tal fose unha experta bióloga e a pasión do marido polo teatro . Resaltamos o interés en demostrar a importancia da lectura.

- "Todo es verdad porque nadie mira", novela de Estela Gómez. é o relato de dúas amigas que se reencontran polo nacemento da filla dunha das protagonistas, relatando datos da súa infancia. 
A presentación por capítulos fai que a lectura sexa cómoda, con acontecementos independentes pero ó mesmo tempo cohesionada pola descripción da temática, descubrindo e denunciando as rutinas e costumes das familias, non sempe ben valoradas.
O abundante emprego de expresións coloquiales fai que os feitos parezan máis reais e axuden a vernos identificadas como potenciais protagonistas.

.



6/6/25

Saída cultural : visita guiada á Museo de Meirande, Illa de San Simón e teatralizada por Combarro.



Os corenta e tres alumnos que conseguiron ter polo menos seis selos no carnet do Club de Lectura recibido co compromiso asinado ao principio de curso, foron merecedores dunha extraordinaria viaxe cultural á Illa de San Simón e a Combarro, acompañados por cinco profesoras

Impresionados quedaron co Museo de Meirande, Centro de Interpretación da Batalla e Patrimonio Cultural de Rande, examinando os traxes, utensilios, barcos , armas...empregados nesa época.

Na Illa de San Simón, descubriron un entorno espectacular, aprenderon a historia dos residentes e uso dos edificios nas distintas épocas; especial mención tivo o uso como lazareto. As guías suministraban información reclamando o seu saber sobre o tema. Para rematar a visita, fixeron unha actividade de animación patearon a illa seguindo pistas para atopar a información.

A visita por Combarro centrouse no uso da pedra como símbolo de riqueza, a abundancia de hórreos e posición económica dos donos segun tamaño e materiais, e simboloxía dos cruceiros.

Destacar a viaxe en barco e disfrute da paisaxe durante todo o recorrido, así como a xornada de convivencia entre os lectores dos distintos grupos.












5/6/25

A illa de San Simón vista polos lectores de 5º de EP

Os alumnos de 5º de EP, prepararon a saída cultural á Illa de San Simón,  lendo  a "A lavandeira de San Simón" de Eva Mejuto e investigando sobre este enclave tan idílico e cargado de historia. Velaí os resultados da súa expresión escrita.


2/6/25

"Teño un volcán dentro" e "Don Quijote de la Mancha" fan reflexionar aos lectores de 1º e 2º de ESO.


 "Teño un volcán dentro" de María Canosa, foi lido, completada ficha e comentado na reunión, dándolle unha inmellorable puntuación. Todos coinciden na intriga que supuña a lectura de cada páxina, e as leccións que aprenderon tanto do protagonista, neno diferente, como da súa irmá que era quen mellor o entendía, e incluso da familia , a pesar do esforzo que facían por axudalo a medrar felizmente.

É de lectura asequible e presentación por capítulos moi motivadores. Recoméndano como lectura obligatoria para entender a posibles compañeiros/as que teñan ese síndrome.

"Don Quijote de la Mancha, versión juvenil, é unha adaptación que valoraron positivamente, e lles introduxo no mundo das aventuras deste fidalgo tan universal.

Destacaron a seriedade de Sancho dando consellos sensatos a Don Quijote, contrapoñendo as situacións tan cómicas e absurdas, debido a súa visión distorsionada da realidade.

A pesr da linguaxe tan escollida e vocabulario específico da época e temática tratada, resultou unha lectura áxil, divertida , educativa e introductoria desta novela cumbre da literatura.

"El demonio de Maxwell", tan só a leron tres alumnas, pero é moi recomendable pola mezla de idiomas, introduce oracións en inglés.



1/6/25

"A negrura do mar" e "Contos máxicos", informan e entreteñen aos lectores de 6º de EP.

"A negrura do mar" de Ramón Caride, foi moi ben acollida e valorada por tódolos alumnos; completaron unha ficha expoñendo o argumento e opinión persoal, e todos coinciden no que descubriron dos perigos do mar, dos riscos medioambientais, das posibles investigacións e que está baseado nun feito real, ocurrido na Costa da Morte.

É un libro moi interesante polo que ensina da contaminación e que fai reflexionar sobre o noso comportamento de xeito que induce a pasar páxinas para seguir destapando información.

"Contos máxicos" tivo peor acollida polo fantasioso dos seus relatos , enrevesados e pouco creíbles: vender estrelas, meterse nun cero... 

A lectura é fácil e fuída pero sen  contido do seu interese.