26/11/25
Lectura de I'm Obélix no grupo de profesorado
Véndoche un poema
Vimos como un bo libro sabe coidar a forma, buscar imaxes potentes e ao mesmo facer reflexións interesantes e profundas sobre os diferentes aspectos da publicidade nas nosas vidas, tanto en sentido xeral coma en anuncios concretos.
Un libro superinteresante que combina un tema omnipresente nas nosas vidas coa forma que proporciona a poesía.
Se non o lestes aínda, é un libro para darlle unha oportunidade! Seguro que vos reconcilia coa poesía!12/11/25
Lendo a Astérix en 5º e 6º
Hoxe despois do recreo tivemos a primeira sesión do noso Club de lectura en 5º e 6º de primaria. Estivemos falando do que máis nos gustaba dos libros de Astérix o galo, e do que non nos gustaba, como non.
Puidemos ver como contamos con auténticos expertos nestes comics que xa deberon ler practicamente toda a colección e para rematar realizamos unhas preguntas con Plickers para as que tivemos unha gañadora moi informada sobre estes libros!
11/11/25
Comezo do grupo de familias
Dado que non tiñamos ningunha lectura prevista para hoxe, dedicámonos a ver que lecturas serían as elixidas para a vindeira reunión no mes de decembro. Finalmente leremos Os nenos da varíola de María Solar e publicado en Galaxia.
Animamos a outras familias (nais, pais, irmáns, avós...) a que se sumen a este grupo, pois tedes libros á vosa disposición na biblioteca do Centro.
Lectura de El diario de Anne Frank
Onte tivemos a primeira lectura correspondente aos cursos de 3º e 4º de ESO para falar da versión en comic de El diario de Anne Frank. É un libro extenso mesmo na súa versión en novela gráfica e o que máis nos impactou foi o feito de que sexa unha biografía e non unha novela.
Ademais tamén se entregaron os carnés de asistencia para as reunións e actividades correspondentes a este curso co seu primeiro selo.
Acordamos tamén que nos vindeiros días se entregará a seguinte lectura para aqueles que queiran continuar lendo nas vindeiras semanas.
5/11/25
Sesión do Club de lectura de profesorado para comentar As gratitudes
En xeral gustounos moito a obra, que é breve pero intensa e sabe transmitir a tenrura que é tan necesaria nas nosas relacións persoais. Aproveitamos para falar de que todos temos situacións de algún xeito similares nos que estar agradecida é un plus e, en todo caso,
é unha forma de estar na vida.
Para a próxima reunión leremos a obra I'm Obélix de Raquel Fernández.











