20/2/11

Comentario de "O pazo baleiro"


O xoves 10 de febreiro reunímonos o grupo I para comentar a lectura de "O pazo baleiro" de Xabier Docampo.
Gustounos moito como Xabier Docampo relata as aventuras dun grupo de rapaces, encabezado por Nicolás, un rapaz atípico que decide que hai outras formas de aprender diferentes da vía escolar.
Nicolás e os seus amigos vennse envoltos na investigación dun misterio que xira arredor dun antigo pazo da súa vila. Cada un aportará o mellor de si mesmo para poder resolver esta intriga.




Próximas lecturas



As próximas "misteriosas" lecturas que comentaremos no noso club de lectura serán:

-"O pazo baleiro" de Xabier Docampo que leremos os membros do grupo I (1º e 2º ESO).


-"Cartas de inverno" de Agustín Fernández Paz que leremos os membros do grupo II (3º e 4º ESO).

21/1/11

Parabéns á nosa biblioteca!

A biblioteca do noso centro acadou o 2º premio nacional de bibliotecas escolares. O periódico El progreso fíxose eco desta nova. Así que vos deixo o seguinte vínculo para que curioseedes e poidades presumir de escola.
El progreso (20/01/2011)

19/1/11

Comentario de "La princesa de hielo"

O 14 de xaneiro reunímonos o grupo de adultos en Lugo para comentar a primeira lectura deste ano: "La princesa de hielo" de Camilla Läckberg. Foi unha reunión moi distendida na que, ademais, tivemos a fortuna de coincidir con outro club de lectura que tamén lerán a devandita novela.
Ademais, suxeriuse como próxima lectura "Maus" de Art Spiegelman.

20/12/10

Comentamos a primeira lectura: "Mi año"


O xoves 9 de decembro reunímonos para comentar "Mi año" de Taniguchi. A orientadora do centro, María Guerreiro, dirixiu esta sesión aportándonos a súa visión particular da lectura e como experta sobre a síndrome de Down. Foi moi interesante e instructivo. Moitas grazas, María!

12/12/10

O club en contra da violencia de xénero

O xoves 25 de novembro reunímonos os membros do club para ler o relato "Paciencia" de Paula Carballeira recollido no libro "Camiñan descalzas polas rochas" e publicado por Amnistía Internacional e Tris Tram.
A través da lectura deste impresionante relato reflexionamos sobre as posibles causas desta grande lacra da nosa sociedade.

28/10/10

Primeira reunión do club no curso 2010-2011

Hoxe tivemos a primeira reunión do club de lectura! Nela comentamos a organización deste novo curso do club e fixemos entrega da primeira lectura. Neste caso, imos ler todos o mesmo. Pero, como somos tantos (que ben!), en posteriores lecturas faremos dous grupos: o grupo I (1º e 2º ESO) e o grupo II (3º e 4º ESO). Mirade que guap@s estabamos:

24/10/10

Esperando impacientemente a primeira reunión deste ano!

O vindeiro xoves 28 de outubro celebraremos a primeira reunión do club neste curso 10/11 na que entregaremos as primeiras lecturas:
Os grupos I(1º e 2º ESO) e II(3º e 4º ESO) leran, esta vez en común, o cómic "Mi año" de Taniguchi. Dentro dun mes, aproximadamente, volveremonos reunir con María (a nosa orientadora) para que nos faga algún comentario sobre esta lectura xa que, como poderedes comprobar, versa sobre unha temática moi particular.
En canto ao grupo de adultos, a nosa primeira lectura será "La princesa de hielo" de Camilla Läckberg. Unha novela de misterio e suspense para comezar dunha maneira intrigante este curso.

19/9/10

Váisenos a creadora do club.

Este ano temos que dicirlle adeus a Eva que, moi ao seu pesar, deixa o noso centro para iniciar unha nova andaina por outras terras.
A min só se me ocurre unha palabra que dicirlle: GRAZAS. Grazas por ser como eres e grazas polo inmenso labor realizado durante os dous últimos anos. Estou segura de que ninguén podería nin poderá levar mellor o club de lectura ca ti. Iso si, non dubides que sempre formarás parte do noso club.