31/5/11
23/5/11
Vai de contos...
O xoves 31 de marzo, os grupos I e II, escoitamos moi atemorizados un relato estremecedor do xenial Edgar Allan Poe: "El retrato oval".
E, como lle collemos o gusto a isto dos relatos, decidimos ler na casa:
"O barco da princesa" de Antonio Reigosa
"O vello guardián" de Xosé Neira Vilas
"Le concedo un deseo" de Natalie Babbitt
"Un río de palabras" de Agustín Fernández Paz
"No mire atrás" de Fredric Brown.
"O barco da princesa" de Antonio Reigosa
"O vello guardián" de Xosé Neira Vilas
"Le concedo un deseo" de Natalie Babbitt
"Un río de palabras" de Agustín Fernández Paz
"No mire atrás" de Fredric Brown.
22/5/11
Comentario de "The adventures of Huckelberry Finn"
Samuel falounos un pouco da vida de Mark Twain e ensinounos fotos do célebre autor. Co gallo da devandita lectura, aproveitou para presumir de paraxes naturais da súa terra natal facendo especial fincapé no río, que tan importante é neste libro, e a vida que levan os americanos en torno a el.
Uns días despois, o xoves 31 de marzo, o grupo de adultos tamén comentou a lectura deste libro.
8/5/11
Comentario de "Cartas de inverno"
O xoves 17 de febreiro, o grupo II comentou a lectura de "Cartas de inverno" de Agustín Fernández Paz e o primeiro que se dixo foi: "Alguén me pode explicar o final?". Así que, xa sabes, anímate a lelo e sácanos de dúbidas!
Comentario de "Maus"
O xoves 10 de febreiro reunímonos o grupo de adult@s para comentar "Maus" de Art Spiegelman.
En xeral foi unha obra que nos gustou moito. Tod@s coincidimos en que máis que un comic, "Maus" é unha novela gráfica que, ademais de narrar un tema tan serio coma o holocausto nazi, emprega uns diálogos moi coidados e un simbolismo moi acertado á hora de representar as distintas personaxes: os xudeus son ratos, os alemáns son gatos, os polacos son porcos, ...
Na reunión tamén decidimos cal sería a próxima lectura: "The adventures of Huckleberry Finn" de Mark Twain. Os tres grupos do club leremos esta obra podendo elixir o idioma: inglés, galego ou
español.

Etiquetas:
2011,
comentario,
propostas lectura adultos
20/2/11
Comentario de "O pazo baleiro"
O xoves 10 de febreiro reunímonos o grupo I para comentar a lectura de "O pazo baleiro" de Xabier Docampo.
Gustounos moito como Xabier Docampo relata as aventuras dun grupo de rapaces, encabezado por Nicolás, un rapaz atípico que decide que hai outras formas de aprender diferentes da vía escolar.
Nicolás e os seus amigos vennse envoltos na investigación dun misterio que xira arredor dun antigo pazo da súa vila. Cada un aportará o mellor de si mesmo para poder resolver esta intriga.

21/1/11
Parabéns á nosa biblioteca!
A biblioteca do noso centro acadou o 2º premio nacional de bibliotecas escolares. O periódico El progreso fíxose eco desta nova. Así que vos deixo o seguinte vínculo para que curioseedes e poidades presumir de escola.
El progreso (20/01/2011)
El progreso (20/01/2011)
Etiquetas:
biblioteca,
curso 2010-2011,
Premio
19/1/11
Comentario de "La princesa de hielo"
Ademais, suxeriuse como próxima lectura "Maus" de Art Spiegelman.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)