29/3/25

Alumnos de 3º de ESO, sorpréndense coa lectura de "Paf Xarope".


Manuel Darriba foi quen de enganchar aos lectores de 3º tanto pola temática como pola linguaxe tan directa e ortografía empregada. O vocabulario non é do seu dominio, nin  de uso actual; a ortografía segue a normativa lingüística daquela época.  
O propio título chama a investigar o que acontece nese local. Descríbese a actividade socializadora que se leva a cabo en calquer pobo pequeno, por ser o único medio de esparcemento.
 Reflicte literalmente a sociedade da época, diferencias políticas, envexas, pelexas, drogas, mortes.... mais tódolos veciños  conviven e divírtense xuntos.

 


22/3/25

21 de marzo ,día da POESÍA, conmemorado polo alumnado de 1º ESO

No día de hoxe, os lectores de 1º de ESO, mergulláronse na poesía, lendo unha escolma de poemas dos recollidos no libro: Poesía española `para jóvenes da autora: Ana Pelegrín.

Tratan sobre variados temas: viaxes, pobos, cidades, rutas fluviais, xeografía, natureza, ríos , vexetación, emocións, amor...

Por parellas foron levantándose para ler poemas escollidos ó chou, esmerándose na entoación e a correcta pronunciación de palabras que ben non coñecían, son de pouco uso ou de tradición oral.

Descubriron a importancia do xogo de palabras similares, do orden das mesmas en cada verso e das repeticións de palabras que forman estribillos como nas cancións, ou de sílabas repetidas para darlle sonoridade ao poema.







 

11/2/25

O grupo de adultos comparten lecturas en formato: poesía, narrativa e artigos periodísticos.


 "Sonora" de Chus Pato, poeta galega que recibiu o premio nacional de poesía 2024.

Aproveitamos a sesión para ler e sentir varios poemas escollidos ó chou; seguidamente comentamos o noso parecer ante tan trascendental temática: a morte. Xoga co poder da palabra, expoñendo o valor da natureza, rememorando continuamente á mitoloxía e establecendo variadas conexións literarias.

"O libro das colunas" de Luisa Villalta, é unha escolma de relatos periodísticos que amosan profundas reflexións. Analiza a situación social, política e económica de diversas épocas que non distan demasiado das actuais. Destaca o seu compromiso coa lingua e culturas galegas.

"Sobre la tiranía", é unha exposición-denuncia das actuacións de determinados gobernantes acérrimos das súas ideoloxías que someten á poboación ata a súa anulación mental, social, laboral... Tamén expón modelos de resistencia de sociedades o longo da historia, e é de especial valor o decálogo de consellos que coinciden con´algúns títulos dos capítulos para non caer nuha tiranía do sistema que nos goberne.

"A noite das cebolas" de Rosa Aneiros, fai valorar o efímero valor do material ante a noticia dun inminente final por mor dun cancro. A protagonista fai repaso da súa vida desde a nenez, do éxito profesional , da familia e do fin existencial.

É unha tenra novela autobiográfica, con linguaxe clara, delicadas precisións nas descricións no relato do  cultivo das cebolas, do mútuo trato protagonista-coidador, do seu sufrimento ... que fan emocionar ao lector.



9/2/25

Lectores de 3º de ESO, comparten emocións sobre "Pulsaciones"


Pulsaciones de Javier Ruescas y Francesc Miralles encandilan aos lectores de 3º de ESO porque relatan unha historia intensa bastante dura a nivel emocional e sentimental. 
Elia, é a protagonista que sufriu  un accidente de coche e pasou tres días en estado de coma; cando se desperta, non lembra nada dos tres días anteriores ao accidente. e descobre que os pais lle mentiran; pasado o tempo admite que o fixeran para facilitar a súa recuperación. Polo  HeartBites (aplicación substituta do Whatsapp), contáctalle alguén misterioso chamado  Phoenix, que lle fai saber que a coñece ben.
É un libro moi ben acollido e valorado por tódolos lectores, anque lles gustaría un final máis feliz.
Destacan a presentación das intervencións de cada personaxe en liña e con estructura novedosa , irregular distribución dos diálogos, reproducidos dos chats.
Cada día aparece a hora de conexión dos protagonistas, uso de proverbios como consellos de Buda e o personaxe misterioso comunícase con frases inxeniosas de películas ou filosóficas que fan reflexionar e valorar a súa intencionalidade.


 
 


12/12/24

Lectores de 1º e 2º de ESO, disfrutan con "El asesinato de profesores de ciencias, lengua, matemáticas e música"


 Os lectores deste grupo, repartíronse para investigar trucos de intentos de asesinatos de profesores de varias materias. 

Todos resultaron ser moi instructivos e divertidos. A lectura presenta unha serie de  pistas a descubrir que están tan ben coordinadas que te manteñen en tensión ata o final. Todos rematan con un final tan feliz que a pesar dos títulos, ninguén morre, máis ben ,o alumnado se encariña con cada profesor e valora as súas cualidades ou rasgos da súa personalidade.

Danlle moi boa puntuación e recoméndano por ser de lectura fácil e moi interactivo.





Lectores de 3º de ESO, reflexionan coas actitudes dos protagonistas de: "El rostro de la sombra"

A gamberrada duns adolescentes nunha noite de "movida", fai pensar, valorar actitudes e verse nesa situación, aos lectores desta novela tan ben valorada.

Todos coinciden no desenfreno de comportamento debido á borrachera, que leva á morte da nai da noiva dun deles. A presión da culpa, desata actitudes pouco humanas, incluso dos adultos.

O libro remata con suspense, con final aberto, e cada lector, plantexa un final distinto; todos coinciden en que os culpables deben pagar polo sucedido , apuntando reclusión, soedade, enemistades, depresións... e incluso suicidios.





 

3/12/24

Alumnado de 5º de EP, len por duplicado: "El cuarto de las ratas" e "O país da choiva"

O grupo de lectores de 5º de EP, coordinado pola súa Titora, Isabel Serén, leron, completaron unha detallada ficha , e hoxe comentaron nunha soa reunión, dous interesantes libros.

O mellor desta experiencia foi cotexar o dominio das dúas linguas , tanto na comprensión lectora como na expresión oral; recoñecido o desnivel , comprométense a ler, e empregar o galego e o castelán por igual porque as dúas linguas son oficiais na nosa Comunidade.

"El cuarto de las ratas", obtén moi boa puntuación porque ten acción, intriga, suspense ... e un final feliz. Os lectores vense identificados coa protagonista querendo axudarlle a resolver o secuestro de Jacobo e descubrindo o comportamento dos pais.

"O país da choiva", é menos valorado pola linguaxe empregada e vocabulario pouco usado, o que lles  fai perder interés por atopar a mensaxe que durante a reunión descubren entre todos: querer e empregar a nosa lingua, o galego, o máximo posible porque é o noso patrimonio cultural. 






 

21/11/24

"MEA CULPA", Toño Núñez e Lectores do grupo de Adultos


 Toño Núñez revive a seu paso por este centro educativo como mestre de EI, e reitera o agradecemento  por telo convidado como autor do libro escollido para esta sesión.

Ana Arias fai unha completa presentación da súa labor cultural e sempre en defensa do galego. El mesmo amósase convencido do incremento de galegofalantes polo compromiso que a xuventude está tendo hacia a nosa lingua.

En canto a "Mea culpa", coincidimos na facilidade da súa lectura tanto pola extensión dos relatos como  polos temas tratados , tan de actualidade: diferencia de clases, os amores primeiros, a soedade, a morte, a autoritarismo, o machismo...

Anque se presenta maiormente autobiográfico, relata acontecementos ben coñecidos por todas , e cremos que se deben publicitar para que non se esquezan, é a nosa historia..!




Toño Núñez, escolle relatos do seu libro "MEA CULPA" para comentar cos Lectores de 3º e 4º de ESO



 

Toño Núñez, valora determinados relatos deste libro para ser comentados polos Lectores de 3º de ESO, e tres alumnas de 4º que amosaron especial interés por coñecer a súa literatura.

Recoñecen que lles queda lonxe o devir dos acontecementos expostos polas formas, pero están interesados por coñecer o que e como o viviron os seus pais/nais, avós/avoas... Tamén están intrigados por coñecer ata que punto son autobiográficos os acontecementos descritos.

Valoran positivamente a forma de presentalos, e os temas tratados, actuais e propios da súa idade.