22/10/26

Lectura do Diario de Anne Frank no grupo de banda deseñada

Hoxe o alumnado de 1º de ESO celebrou unha reunión para falar sobre a lectura de El diario de Anne Frank. En conxunto o libro gustou moito a pesar da dureza da historia que se conta e comentáronse diversos aspectos da obra. Falouse de diversos aspectos dos anos que Anne Frank pasou no seu acubillo como pode ser a comida, a dureza da vida, a familia ou o que é vivir nun espazo tan reducido.

O libro gustou moito e puidemos ver tamén a obra en formato orixinal pois contamos nela na biblioteca do Centro.


Primeira reunión do Club de lectura en 5º de EP para ler Astérix

 Hoxe en 5º de EP tivemos a primeira sesión do Club de lectura na que falamos dos libros de Astérix que estivemos lendo e comentamos os aspectos que nos gustaron e que non nos gustaron tanto. Falamos dos personaxes e tivemos un concurso para ver quen sabía máis sobre estes libros.