10/6/25

Triplete fan os lectores adultos: "Todo es verdad porque nadie mira", "Hamnet" e "Un elefante na sala de estar".

- "Un elefante na sala de estar" de Berta Dávila deu pé a reflexionar sobre sometimiento, silencio, apariencia de normalidade, sufrimento interior... que inducen ó suicidio.
 Presenta tamén o sentimento de culpabilidade dunha rapaza que ata reverter no coidado do violador que polo feito de ser "pai" é unha figura intocable e protexida da sociedade.
É unha lectura fácil  que convida a descubrir as motivacións deste tema tan actual e tan pouco tratado ca xuventude.

- "Hamnet" de Maggie O´Farrell, é unha obra moi ben escrita, con linguaxe escollida pero asequible e con tema conmovedor; combina misterio, entrega ás preferencias dos protagonistas, e historia. Provoca emoción por descubrir a relación coa mesma obra de Shakespeare, Hamlet. Non o consideramos un libro histórico pola falta de documentación
Destacamos o amplio coñecemento das plantas por parte da protagonista, tal fose unha experta bióloga e a pasión do marido polo teatro . Resaltamos o interés en demostrar a importancia da lectura.

- "Todo es verdad porque nadie mira", novela de Estela Gómez. é o relato de dúas amigas que se reencontran polo nacemento da filla dunha das protagonistas, relatando datos da súa infancia. 
A presentación por capítulos fai que a lectura sexa cómoda, con acontecementos independentes pero ó mesmo tempo cohesionada pola descripción da temática, descubrindo e denunciando as rutinas e costumes das familias, non sempe ben valoradas.
O abundante emprego de expresións coloquiales fai que os feitos parezan máis reais e axuden a vernos identificadas como potenciais protagonistas.

.



6/6/25

Saída cultural : visita guiada á Museo de Meirande, Illa de San Simón e teatralizada por Combarro.



Os corenta e tres alumnos que conseguiron ter polo menos seis selos no carnet do Club de Lectura recibido co compromiso asinado ao principio de curso, foron merecedores dunha extraordinaria viaxe cultural á Illa de San Simón e a Combarro, acompañados por cinco profesoras

Impresionados quedaron co Museo de Meirande, Centro de Interpretación da Batalla e Patrimonio Cultural de Rande, examinando os traxes, utensilios, barcos , armas...empregados nesa época.

Na Illa de San Simón, descubriron un entorno espectacular, aprenderon a historia dos residentes e uso dos edificios nas distintas épocas; especial mención tivo o uso como lazareto. As guías suministraban información reclamando o seu saber sobre o tema. Para rematar a visita, fixeron unha actividade de animación patearon a illa seguindo pistas para atopar a información.

A visita por Combarro centrouse no uso da pedra como símbolo de riqueza, a abundancia de hórreos e posición económica dos donos segun tamaño e materiais, e simboloxía dos cruceiros.

Destacar a viaxe en barco e disfrute da paisaxe durante todo o recorrido, así como a xornada de convivencia entre os lectores dos distintos grupos.












5/6/25

A illa de San Simón vista polos lectores de 5º de EP

Os alumnos de 5º de EP, prepararon a saída cultural á Illa de San Simón,  lendo  a "A lavandeira de San Simón" de Eva Mejuto e investigando sobre este enclave tan idílico e cargado de historia. Velaí os resultados da súa expresión escrita.


2/6/25

"Teño un volcán dentro" e "Don Quijote de la Mancha" fan reflexionar aos lectores de 1º e 2º de ESO.


 "Teño un volcán dentro" de María Canosa, foi lido, completada ficha e comentado na reunión, dándolle unha inmellorable puntuación. Todos coinciden na intriga que supuña a lectura de cada páxina, e as leccións que aprenderon tanto do protagonista, neno diferente, como da súa irmá que era quen mellor o entendía, e incluso da familia , a pesar do esforzo que facían por axudalo a medrar felizmente.

É de lectura asequible e presentación por capítulos moi motivadores. Recoméndano como lectura obligatoria para entender a posibles compañeiros/as que teñan ese síndrome.

"Don Quijote de la Mancha, versión juvenil, é unha adaptación que valoraron positivamente, e lles introduxo no mundo das aventuras deste fidalgo tan universal.

Destacaron a seriedade de Sancho dando consellos sensatos a Don Quijote, contrapoñendo as situacións tan cómicas e absurdas, debido a súa visión distorsionada da realidade.

A pesr da linguaxe tan escollida e vocabulario específico da época e temática tratada, resultou unha lectura áxil, divertida , educativa e introductoria desta novela cumbre da literatura.

"El demonio de Maxwell", tan só a leron tres alumnas, pero é moi recomendable pola mezla de idiomas, introduce oracións en inglés.



1/6/25

"A negrura do mar" e "Contos máxicos", informan e entreteñen aos lectores de 6º de EP.

"A negrura do mar" de Ramón Caride, foi moi ben acollida e valorada por tódolos alumnos; completaron unha ficha expoñendo o argumento e opinión persoal, e todos coinciden no que descubriron dos perigos do mar, dos riscos medioambientais, das posibles investigacións e que está baseado nun feito real, ocurrido na Costa da Morte.

É un libro moi interesante polo que ensina da contaminación e que fai reflexionar sobre o noso comportamento de xeito que induce a pasar páxinas para seguir destapando información.

"Contos máxicos" tivo peor acollida polo fantasioso dos seus relatos , enrevesados e pouco creíbles: vender estrelas, meterse nun cero... 

A lectura é fácil e fuída pero sen  contido do seu interese.



28/5/25

Con "Mi año" e "Asesinato en el Canadian Expréss "os Lectores de 5º de EP, ilústranse este mes.

"Mi año" lectura ilustrada de Jiro Taniguchi e "Asesinato en Canadian Express" de Eric Wilson son lidas, analizadas mediante batería de preguntas individualmente, e comentadas en grupo no recuncho de lectura da biblioteca coa axuda da súa Titora.
Con  "Mi año"descobren unha conmovedora historia cuxa protagonista é diferente, unha nena con síndrome de Down. Valoran a sensibilidade , capacidade de adaptación e a aceptación de Capucine 
ao seu entorno e as súas limitacións, loitando incluso co desacougo dos pais por satisfacela.
Destacaron o formato cómic como facilitador da lectura provocando unha análise de formas e cores relacionándoas coa   temática de xeito divertido.

"Asesinato en el Canadian Expréss", lido en castellano pero comentado en galego, califícano de lectura extensa pero adictiva; a intriga de atopar o responsable do asesinato conduce a unha lectura rápida. Destacan o misterio tecido con varios sospeitosos, pero resaltan o traballo en equipo para obter un bo resultado.
Recomendan esta lectura tanto polo suspense  como pola linguaxe usada,  vocabulario e expresións fácilmente asimilables .


 
                                                                                 


27/5/25

"Mentira ", entretén, intriga, informa... a lectores de 3º de ESO.


 "Mentira", de Care Santos, novela receptora do Premio Edebé de Literatura Xuvenil, encandila aos lectores de 3º de ESO,valorándoa por unanimidade con sobresaliente.

A través da protagonista, Xenia, rapaza de excelente currículo que quere ser médica, expón os perigos de Internet; o reclamo é precisamente a pasión pola lectura. 

Nun foro comparte opinión sobre "El guardián entre el centeno"con Marcelo (Eric) do que termina enamorándose pero retrasa coñecerse persoalmente porque está no cárcere por un asunto ben escabroso. Despóis de longas indagacións descobre a súa identidade e o motivo da súa situación persoal.

Destacan os lectores a colaboración da estricta familia, entendendo o perigo corrido pola protagonista e  brindándolle toda a axuda necesaria ante os perigos das redes sociais e Internet en xeral polas falsas identidades.

A linguaxe é moi clara e a exposición de feitos tan fluida que facilita a lectura. Moi recomendable!




27/4/25

"Don Quijote de la Mancha" adaptación xuvenil, len os lectores de 1º e 2º de ESO, e comparten a súa lectura na Semana cultural.

O alumnado de 1º e 2º de ESO, leron esta versión adaptada do "Quixote", e escolleron os capítulos que máis lles chamaron a atención tanto para comentar na xuntanza como para ir a 5º e 6º de EP, e as tres lectoras de 2º decidiron ir a 3º de ESO, a ler para estes alumnos.
 Foi unha actividade enmarcada na semana cultural que serveu para dar a coñecer esta obra maxistral, e para superar o medo escénico a ler, falar e expresarse en público.
 Foi unha costosa pero gratificante experiencia tanto para lectoras como para os ointes destes aventureiros personaxes. 



 



"A infancia de Martiño Piñeiro" e " Asterix" entreteñen aos lectores de 6º de EP


"A infancia de Martiño Piñeiro"de Juan Arias relata as vivencias dun neno nun ambiente pouco familiar para os lectores de 6º de EP.
O protagonista é un home de moitos anos que relata as vivencias da súa nenez a da xente da súa familia e do seu entorno. Está ambientada nas zonas rurais e mariñeiras da Costa da Morte, e traspoñen aos lectores nese modo de vivir tan sacrificado pero tan san e tranquilo.
As narracións son tan reais  que fan recapacitar sobre os avances dos que disfrutamos acualmente e non valoramos axeitadamente.
"Asterix" foi a colección elexida como cómic para valorar textos, ilustracións,  imaxinación do autor plasmada en cada persoaxe, e pór en común o sentir da lectura de diversos títulos. Cada lector levou un título diferente e na reunión expuxeron o pouco interés por esta serie de aventuras. Remarcan a extravagancia dos protagonistas e cústalles entender as súas actuacións.