17/12/09

Xuntanza sección adultos

Os lectores de máis idade deste centro tamén lemos De profundis e comentámolo nunha breve xuntanza nestes días de intensa actividade escolar. As próximas propostas de lectura son El curioso incidente del perro a medianoche, Ollos de auga e El corazón helado; podedes votar por eles na páxina web do centro estes días. Hai que decidir cal é o seguinte antes de Nadal.

3/12/09

Dúas novas

Esta fin de semana saiu en prensa unha nova relativa a Miguelanxo Prado. A ver se descubrides cal é!
Onte publicouse nun xornal local que o Castro de Viladonga, que aparece nunha das fotos da entrada anterior, foi declarado BIC. Que quere dicir iso? Como se chama o xornal que publicou isto? Cal é a foto deste castro?

26/11/09

Monográfico de Miguelanxo Prado

A biblioteca do centro foi testemuña onte da primeira xuntanza deste curso, na que se comentou De profundis. O grupo avanzado compartiu uns doces froitos do mar e as súas inquedanzas en relación con esta obra, con imaxes e texto de gran calidade.
Hoxe comentamos A mansión dos Pampín, do mesmo autor, unha lectura lixeira para os comenzan este ano. Un dos temas dos que falamos foi sobre a importancia do nos patrimonio histórico e cultural, en concreto dos castros, en relación co descubrimento que os Pampín fan na súa leira. Velaí fican unhas imaxes destas testemuñas silandeiras do noso pasado.

6/11/09

Novas incorporacións neste curso


Aquí estamos algúns dos membros deste club.

5/11/09

Primeiras lecturas



Os libros que imos ler este mes son: De profundis, de Miguelanxo Prado, o grupo A, e A mansión dos Pampín, do mesmo autor, o grupo B. Podedes pasar a recoller os exemplares na biblioteca cando queirades.


22/9/09

Nova xeira de lecturas

Xa estamos aquí de novo. Ídevos preparando!

2/7/09

Un verán de libros

Hai, o verán!
Que espazo de tempo tan marabilloso para ler sen entretollos!
Seguro que xa tedes a vosa propia selección elaborada para esta tempada de lecer; de calquera xeito, a biblioteca do CPI Tino Grandío e o Club de Lectura Guntín elaboraron unha proposta de lecturas recomendadas para os máis pequenos, os mozos e os grandes. Podedes acceder a esta selección en http://lecturasveran09.blogspot.com/

22/6/09

Noraboa

Hoxe conocéronse os gañadores dos concursos para o lema e o logotipo deste club de lectura; o lema, que da pé a iniciar unha conversa sobre libros, creouno Aine Rodríguez Raposo, alumna de 1º de ESO, e o logotipo, Alejandro Vázquez Pérez, alumno de 2º de ESO e participante habitual da sección de lectura na casa. Dámoslles ós dous a noraboa polo seu traballo, esperando que disfruten moito dos seus agasallos, que, non podía ser doutro xeito, son libros.

12/6/09

Convocatoria xurado

Hoxe, ó longo do horario escolar elíxense o logo e o lema do club de lectura. Recordade tódolos membros e colaboradores tedes que votar! Pasade polo Departamento de Orientación, que é onde están expostos os traballos, antes da hora do xantar.

8/6/09

Data límite para o concurso de lema e logotipo

Recórdovos que hoxe remata o prazo para participar nos concursos de lema e de logotipo para este club de lectura. Entregádelles os vosos traballos ó profesorado correspondente.

O venres pasado, este club enviou unha representante á xuntanza de Santiago, e mesmo participamos na exposición con algúns materiais elaborados ó longo da nosa andaina, como podedes ver nesta imaxe.

28/5/09

AI! Que difícil é sobrevivir a final de curso cando unha profesora de Lengua e os rapaces do club de lectura len libros coma este! Eu, malia todo, resistín onte a xuntanza e penso que chegarei enteira a final de curso.

22/5/09

Próxima xuntanza

O mércores 27 comentarase a última obra de lectura deste curso: El asesinato de la profesora de lengua, de Jordi Sierra i Fabra.

15/5/09

Hoxe adicamos a sesión presencial á figura de José Ángel Valente. Lemos e desfrutamos do seu poema "El hombre pequeñito". Recomendámosvos que fagades o mesmo.

3/5/09

Así somos nós

Para que vexades o ben que o pasamos na visita a Padrón e Santiago, ahí vos van estas imaxes, identificádeas: os antroidos, os escusados e os mellores de cada casa


28/4/09

Viaxe

´Non esquezades que mañá imos de excursión. Sede puntuais.

24/4/09

Actividades do día do libro


Esta semana a actividade dos membros deste club de lectura foi intensa: organizouse un mercado de libros -como podedes ver nas imaxes-, rexentado polos alumn@s de cuarto, houbo xogos literarios na biblioteca (como "cada ovella coa súa parella")e os alumnos lectores deixaron as súas "pegadas" polos corredores do centro.

21/4/09

Outras recomendacións literarias


Esta semana levamos ás aulas obras como Madre tierra, padre cielo, unha antoloxía de fotografías e textos dos indios de Norteamérica, na que se recolle o cerne da obra de Curtis.

15/4/09

Aviso

Recordade que mañá, os membros do club de lectura na casa reunímonos no recreo de despois de xantar para falar de Corredores de sombra, de Agustín Fernández Paz.

4/4/09

Cine club

A xuntanza de onte non xirou ó redor dunha lectura, senon dun filme. Despois de proxectar La vida es bella, algúns membros do club de lectura e outros afeccionados ó cine, comentamos polo miúdo as esceas e o argumento desta obra mestra contemporánea. Foi fantástico!

2/4/09

Seguimos percorrendo universos fantásticos deseñados para grandes aventureiros con La historia interminable, de Michael Ende. Seguro que recoñecedes a peza musical central da película que se rodou a partir deste texto.

1/4/09

Un mes de palabras

Este mes imos facer unha pequena escolla de grandes compañeiros de viaxe para algúns de nós. A primeira recomendación é:
Alicia en el país de las maravillas, Lewis Carrol. Aínda que se considerou moito tempo como unha lectura infantil, reivindicámola como obra de múltiples lecturas e interpretacións, para tódolos públicos.

30/3/09

Taller de escritura


O venres tivemos unha reunión moi especial: máis que ler, escribimos. A inspiración poética chegou ata Guntín guiada por un vento oriental, e houbo unha choiva fértil de haikus entre os presentes.

17/3/09

vémonos

A próxima xuntanza será a semana vindeira, esta ímonos de ponte. Aproveitade para ler moito e preparar os artigos para a revista do centro, que está ó saír!

15/3/09

Voilà Paris ce soir


O venres 13 percorremos as rúas da cidade la luz, coma nun feitizo de meigas, encamiñados por Marta, na procura dun garçon avec un foulard rouge et son chien. Detivémonos no Louvre, para visitar "A Mona Lisa" e falar de Leonardo Da Vinci e da súa obra, dos masóns e do argumento de O código Da Vinci.



13/3/09

Na espera

Agardamos con curiosidade a sesión de hoxe, na que Marta, a profe de francés, nos levará materiais para a lectura presencial nesta lingua.
Na última xuntanza, o venres pasado, tivemos unha animada conversa entre os membros do club, empregando como motivo principal o libro proposto para a lectura na casa, Leyendas de Bécquer.

13/2/09

Teatro

Hoxe tivemos unha actividade de lectura en inglés: a obra de teatro The Butler Did It, unha breve e divertida peza de intriga de Walter & Peter Marks que comentamos entre os asistentes.
Tamén hoxe, tódolos alumnos de secundaria fomos e algúns profes presenciamos unha representación teatral "Robinson e Crusoe"

11/2/09

Benvidos!

Somos un grupo de rapaces/as e profesores/as que dedicamos parte do noso tempo libre a ler e a falar do que lemos (entre outras cousas ;-)