13/12/23

Doblete fan os lectores de 6º de EP con: "Sainza, a punkereteira" e "El cuarto de las ratas".

 

No Club de Lectura de 6° o alumnado analizou polo miúdo “El cuarto de las ratas” que é un libro que atoparon corto e sinxelo de ler. Ao principio custoulles engancharse, pero despois á maioría gustoulles xa que é unha trama de misterio cun final sorprendente e no que se ve o paso hacia a madurez de Margarita, a protagonista.

O segundo libro que leron foi “Saínza, a punkereteira” que lles recordou as Tanxugueiras. Encantáronlles as ilustracións e a historia dunha rapaza libre que ama o rural e que transmite os valores da amizade, da loita contra as inxustizas, do enriquecedor que é o contacto coa natureza e cos avós, da liberdade, da igualdade… En definitiva un libro para recomendar.








5/12/23

Os lectores-investigadores de 3º de ESO, descubren aos autores/as do " Asesinato en el Orient Express"


Por decisión unánime este grupo de lectores de 3º de ESO, escolleron á raiña do xénero da intriga, Agatha Christie, e ao lexendario tren, Orient Express para instruirse no labor policíaco.

Unha viaxe en principio tranquila polas datas e recorrido, vese alterada polo apuñalamento do americano Ratcher. Calquer usuario do tren pode ser considerado culpable, incluso unha altiva princesa e unha institutriz inglesa ... porque ninguén saíu dos vagóns.

A brillante e intelixente deducción do axente Poirot, que enlaza os acontecementos , declaracións dos sospeitosos, pistas  e obxectos atopados , da cos autores do crime.

É unha novela de lectura áxil, entretida, corta para tantos persoaxes, datos e feitos, con trama moi forzada pero con final maxistral. 






 


3/12/23

Lectores de 1º de ESO, comparten os misterios de "A pedra de seixo"

O alumnado de 1º de ESO, le os resumos e anotacións tomadas durante a lectura individual deste libro e compártenas. Os  protagonistas están matriculados no mesmo curso ca eles, as exposicións son tan detalladas que só queda corroborar e puntualizar detalles do que as/os lectoras/es escribiron.

 Un grupo de amigos/as, nunha tarde de aburrimento e á proposta do propietario da "bóla de cristal" que a súa avoa lle regalara polo seu aniversario, deciden sacarlle partido... pero entre eles xorden interrogantes: medo? Nervios? Marcha atrás? Indecisión? Todos tiñan dúbidas do poder da bóla máxica.

O que máis lles gustou foi compartir experiencias, resolver misterios, e contar noticias  parecidas escoitadas por eles mesmos ou familiares pola radio. Aproveitamos a mención deste medio informativo para valorar e resaltar as cualidades que ten fronte a outros con imaxes ás veces impactantes e irreais.
Coinciden tamén na faceta divertida e con moralexa que lles fai reflexionar.





29/11/23

"A gruta da torre" engaiola ao alumnado de 2º de ESO


 


 O alumnado de 2º de ESO disfrutou coas aventuras dun grupo de estudantes que veraneaban en Ribadeo e tiveron a sorte de estar "acompañados " de Cuquita, a foca con final de vida tráxico.

Viven intensas aventuras na búsqueda dun tesouro,  que un documento atopado na vella biblioteca da Torre dos Moreno, di que se esconde... A aventura, os amores de verán e o amor polos libros fraguan fortes lazos de amizade.

O que máis os enganchou foi a confesión dun dos protagonistas: escribiuse este libro por culpa de suspender o galego, e o mestre pedirlle un diario a entregar en setembro.

Sorprendéronse tamén ao citar  Illa Pancha e coincidir que a coñeceron na viaxe de Club de lectura 2023, así como a praia de As Catedrais , A torre dos Moreno, prazas de Ribadeo... e lugares emblemáticos da costa lucense.





 

23/11/23

"Síbaris", "O derradeiro libro de Enma Olsen" e "Reencuentro" ,motivo da xuntanza de lectores do grupo de adultos.


 A cata das "Martietas", galletas galegas feitas e promocinadas por un exalumno deste centro,  e unhas castañas aportadas por unha lectora, deron folgos para compartir as diferentes opinións das seguintes obras:

- "Síbaris", peza teatral escrita por Domingo Vilar. 

Síbaris é representada por quen o autor tiña designado, relata as vivencias dun escritor; as dificultades económicas , a intriga sobre a falta de inspiración do protagonista e a súa vontade de de­saparecer aproveitándose dun veciño, lévannos á  comedia negra. 

O ritmo rápido, o enredo algo complicado e a intención de facer rir converten esta peza de Villar ,  interesante dramatúrgicamente e divertida para o público.

A representación teatral é literalmente a peza escrita polo autor.

- " O derradeiro libro de Enma Olsen" de Berta Dávila.

 Os personaxes aparecen atrapados polas paixóns da alma máis contraditorias, amar, odiar,e agochar segredos que só poden saír cando a vida chega á súa fin.

A protagonista, Emma Olsen afronta os seus derradeiros meses de vida afectada por unha enfermidade terminal e sabe que a morte non tardará en chegarlle.  Emma  é escritora, e decide adicar o tempo que lle queda a rematar unha novela que non é exactamente unha novela, senón unha crónica en primeira persoa dos anos máis importantes da súa vida, os do final da adolescencia. Escribe para revelarnos unha historia de segredos agochados moito tempo. 

- " Reencuentro" de Fred Uhlman.

Esta narración sobre unha amizade que sobrevive a unha época marcada polo nazismo, conmóvenos ás lectoras, e manifestamos a necesidade de que os xoves coñezan a realidade desa época.

O argumento céntrase en dous compañeiros de clase de16 años. Hans, xudeo, e Konradin, un rico aristócrata membro dunha das más antigas familias de Europa. Son inseparables pero un ano despóis, todo terminará entre eles. Na Alemania de 1933, e o ascenso de Hitler ao poder, Korandin entra a formar parte do exército nazi, mentras Hans vai exiliado

Anos despóis, instalado en Estados Unidos, Hans intenta esquecer o siniestro episodio que os separou , pero Hans reencontrará, ao amigo perdido.

Esta obra maestra reaparece agora coa mesma capacidade de conmover.

O seu éxito mereceu ser traducida e lida no mundo enteiro.










19/11/23

Lectores de 5º EP , descubren a desaparición de zapatos en "Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo"

 Os alumnos de 5º de EP, estréanse no Club de lectura cunha obra de intriga de Jaureguizar.

A maioría deles mentras len, van anotando o argumento, nome de protagonistas, detalles importantes que lles chamaron a atención...e fan un resumo do lido; durante a reunión expoñen a súa opinión intercambiando detalles do comportamento das personaxes. 

Certa noite desaparecen todos os zapatos do pé esquerdo; como era de esperar, os veciños sospeitan de Mangallón, un vello rabudo que vende calzado e que lle queren tirar a casa para ampliar o campo de golf. Só Nica e un grupo de rapaces cren na súa inocencia. Son Os Sabuxos. Finalmente conseguirán liberar a Mangallón desa carga e eles serán ben respectados no seu barrio.






27/10/23

Lectoras do grupo de Adultos comparten opinións sobre: " Recuerdos de un jardinero inglés" e " La uruguaya"


De "La uruguaya", destacamos a estructura da obra: unha especie de carta na que o protagonista e narrador dirixe á súa "ex", buscando xustificar e disculpar a súa conducta.

Parécenos unha historia da "crise dos 40" do protagonista, home inmaduro que fai conmover ao lector para que sinta compaixón polo precio que pagou polo seu comportamento.

Hai notas de humor, e detalles divertidos na súa cita romántica. O autor compara o protagonista con don Quijote, pero un actúa movido polo egoismo e o outro actúa sempre con xenerosidade.

"Recuerdos de un jardinero inglés" preséntase con claridade de estilo e escritura moi fluida que fai áxil a súa lectura.

O protagonista é unha persoa moi entrañable, con certo "homenaxe " aos anciáns, digno de valorar.

Resulta moi "inglés" polo amor ás plantas, xardíns, á natureza en xeral.

Destacamos a relación especial entre o protagonista e a súa xefa. A pesar das dificultades de comunicación cos novos propietarios da casa, hai un final feliz moi entrañable.

Para ambientarnos no tema, escoitamos a canción da banda sonora na que Pedro Mairal, o autor do libro é o guitarrista: https://youtu.be/ZaoTKn6vVuU?si=6xQqn1HouLOsOtCm






17/10/23

Alumnado de 6º de EP entusiásmanse con " A avoa ganster"




A avoa gánster de David Walliams é un libro que gustou moito ao alumnado de 6° de EP.

A descripción da avoa era claramente recoñecible como a típica de calquera avoa, pero cando te adentrabas na lectura atopabas unha anciana aventureira cunha chea de segredos.

O protagonista Ben e a súa avoa fixéronlles recordar a importancia non fixarse nas apariencias, de vivir o presente e de pasar tempo de calidade con avós. Todo mesturado con humor e tenrura a raudales, recordándolles a Matilda nalgúns aspectos.

Gustou tanto que varios alumnos e alumnas están lendo Abuelasaurio do mesmo autor.

Así si queres pasar un rato divertido con sucesos inesperados, toques gamberros e de humor… con moitísima tenrura e unhas ilustracións maravillosas de Tony Ross… tes que ler A AVOA GÁNSTER!!!




 

24/9/23

En marcha o curso 2023/2024 tamén para os seguidores do Club de lectura Guntín!





Dado que as lectoras deste grupo de adultos nos propuxéramos "deberes" no verán, o xoves 21, xuntámonos para programar horarios, actividades, lecturas... para o curso recén estreado.

Ademáis aproveitamos a reunión para comentar o novela proposta: "Bailaréis sobre mi tumba", segunda novela da xove autora lucense Alba Carballal, na que amosa a cara oscura dos anos da chamada "movida galega", vinculando a historia persoal dos protagonistas coa sucesivas catástrofes ecolóxicas debidas aos verquidos nas nosas costas de diversas embarcacións que transportaban productos contaminantes.

Aínda que a temática é interesante e orixinal, a complexa técnica narrativa e o rexistro lingüístico empregado, dificultan a lectura.