Onte tivemos unha sesión de lectura en francés, moi divertida; Marta levounos un libriño moi ameno coa historia de
Olivia e unha tira cómica "d'un enfant terrible" da viñeta suiza,
Titeuf.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi3N6Y9IDl5ihfhd_mVQTFufj2jE-novO3xy0NNNzy-b9WdzyrckRw9Ji4U5uIC5hWGTryAUjnndVxxHkjJm9Xd3ASDueAURnBe8fpW3wrdOQuJ2qkSTuZZE0QbW9QFQclyy6yzEKjxtkc/s200/114~Olivia-Posters.jpg)
Que dicir deste pequeno libro-álbum de Ian Falconer, onde a intensidade da infancia é reflectida en só tres cores básicas (vermello, blanco, negro), de maneira que as palabras fican como agachadas, sometidas á sinxeleza cromática e narrativa.
Por outra banda, como presentar a este rapaz inxenioso, estrela no ámbito do cómic francófono, auténtico fenómeno de masas contemporáneo!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhruet2mQ-AivHohHIfcudWXWC2GkFE-PwGOZwwNgjxlS8yVbr28Lg1F0VcmWasQvHp7WNDPPkXLYWlbGV6FaupzrB_6vXzBuAI6N_efAnyuCff7uX1YlDtKjBnefhh4eMSAMUohp7eVJA/s200/titeuf+Le+sens+de+la+vie.jpg)
O éxito das súas historietas débese ó tratamento descarado, fresco e orixinal de temas máis ou menos escabrosos, como o sexo e o escatolóxico, que o autor fai, sempre evitando o que poida resultar ofensivo. Zep somérxese na perspectiva infantil, insólita e pouco comprensible para o adulto que ten outras coordenadas mentais, e alí xorde o cerne do seu humor.