30/5/24

Saída cultural: Ruta Traslatio e Casa Museo de Rosalía de Castro

O martes 28 de maio, o alumnado dos diferentes grupos do Club de Lectura, disfrutaron dunha completa xornada cultural, que a pesar da madruga, aproveitaron intensamente.

- Ás 08.30 saímos hacia Vilanova de Arousa para embarcar hacia Pontecesures, e coas explicacións do guia a bordo, coñecemos en directo a Ruta TRASLATIO, ou Xacobea marítima-fluvial polo mar de Arousa e río Ulla, recorrido en barco que fixo o corpo do Apóstol Santiago o Maior, despóis de ser decapitado e trasladado desde Haifa (Palestina) a Iria Flavia (Padrón).
Durante o recorrido vimos as "bateas", plataformas flotantes de madeira onde se cultiva o mexilón, e o maior bosque de loureiro de Europa.

- Visita á igrexa de Santiago en Padrón, onde baixo o Altar maior se atopa o Pedrón, pedra na que se amarrou a barca que trasladou ao Apóstol Santiago, e que deu nome a Padrón, e en diferentes espazos, hai varios elementos xacobeos.

- Convivencia no parque-xardín botánico, compartido experiencias vividas e xantar para repoñer forzas.

- Visita guiada á Casa Museo de Rosalía de Castro, non quedando rincón por investigar, pero destacamos o que máis chamou a atención do alumnado: cédula persoal (DNI) , fotos de familia, manuscritos, vitrinas con documentos, cadrosmobles, cociña, e a cama de Rosalía na que cada día lle poñen unha rosa fresca, por petición súa.



 















https://drive.google.com/drive/folders/1Xu00-vhCyvZB2HpVDdsNQeVf7q-4JoVY?usp=drive_link 

21/5/24

A maxia de "El valle de los lobos" de Laura Gallego apasiona ao alumnado de 2º de ESO.


"El valle de los lobos", é  unha das primeiras novelas de Laura Gallego dirixida a primeiros lectores co fin de introducilos na paixón pola lectura.

Coa maxia como eixe vertebrador, presenta innumerables aventuras e misterios que os lectores ansiosos irán descubrindo mediante unha linguaxe clara, concisa e persuasiva.

Tanto a protagonista principal como os secundarios, e os mesmos lobos a través da fantasía, amosan   valores humanos tan importantes como: sacrificio, valentía, comprensión,  amizade, solidariedade e gratitude.

 Todos os lectores valoran positivamente e recomendan a lectura desta máxica novela.





12/5/24

Dobre misterio para lectores de 1º de ESO: "Os Megatoxos e o reto de Internet" e "A coroa de Napoleón"


 "Os Megatoxos e o reto de Internet" de Anxo Fariña, pon na man de catro estudantes de ESO e dous profesores especiais, o reto de pelexar cun monstruo líquido que revive inesperadamente. 

Cada personaxe ten poderes diferentes despóis de entrar nun laboratorio e se pinchar cun toxo; poderes tales como invocar a forza de civilizacións extinguidas, de dar vida a obxectos inanimados... e que han de conxugar para recuperar a vida normal dos rapaces da súa idade.

Os lectores reflexionan e coinciden nos riscos que Internet sen "control", sen espurgo das propostas que nos tentan diariamente, poden perxudicarnos seriamente.

É un libro recomendable, con moita pelexa, fantasía e intriga ata dar co final ansiado.

"A coroa de Napoleón"de Jaureguizar,  da man de Tintimán e o seu gato torto, Sr. Grozni, sitúanos na Coruña; de xeito divertido vai expondo certos contratempos que sofren os investigadores ata atopar a valiosa peza:a coroa de Napoleón, agasallo do goberno francés. Esta peza ten un valor histórico para a cidade, e a súa perda, provocaría un conflicto diplomático .

O mellor da novela é a parte histórica e presentación de diferentes lugares da cidade da Coruña.





4/5/24

"Las increíbles aventuras de 10 calcetines fugitivos" valorado polos lectores de 6º de EP

Las increíbles aventuras de 10 calcetines fugitivos: (Cuatro derechos y seis izquierdos)

Libro de Daniel de Latour y Justyna Bednarek

Un libro divertido que gustou moito e que parte de algo que todos vivimos, a desaparición dalgún calcetín cando poñemos a lavadora.

Este libro tamén conta cunhas ilustracións preciosas que fan as delicias de calquera que o lea.

En definitiva un libro altamente recomendable se queres pasar un bo rato de maneira sinxela e amena, xa que as historias son breves e independentes.


Os lectores de 5º de EP, len, escriben e debaten sobre "Moncho e Dríar"

Esta historia , relata a vida de dous rapaces de doce anos separados por unha distancia aparentemente insalvable: 3.000 anos.
Dríar vive nunha sociedade do futuro, no ano 5045 e Moncho é un rapaz da Galicia de hoxe. Os dous levan vidas ben distintas. Dríar vive nunha sociedade colectivizada e tecnificada, na que toda a vida está programada de antemán e onde non hai lugar para o pensamento e a autonomía individual. Moncho, fillo único dunha familía da clase media actual, ten unha vida normal: vai á escola, lévase ben cos pais e ten un can, Lis, que é o seu grande amigo.
Finalmente acaban por se coñecer, nacendo entre eles unha fermosa amizade.
Todos os lectores se identifican con Moncho e co amor ao seu can Lis.

 




Cómic, ensaio e novela , obras de Bea Lema, Miguel A. Murado e E. Mendoza, debatidas por lectoras do grupo de adultos


"El cuerpo de Cristo", comic de Bea Lema, preséntanos de forma autobiográfica a enfermidade mental de súa nai. 

Vera, a protagonista, conta ademáis dos problemas mentais, a incomprensión dos que a rodean e a indiferencia dos profesionais que a tratan, que a manteñen no mundo da supersticións, exorcismos, potingues e creencias varias.

A vida de Vera queda anclada pola intensa relación coa nai, que se manifesta no uso de bordados, labor tradicionalmente asociada á vida doméstica das mulleres.

"Outra idea de Galicia",extraordinaria obra de Miguel A. Murado  que nos presenta un recorrido histórico da socioloxía, emigración, política, literatura, música,...partindo dun riguroso eloxio ao mapa de Fontán.

Co emprego dun estilo irónico, o autor vai desmontando tópicos sobre Galicia, tanto por turistas como polos propios galegos.

"Tres enigmas para la organización", esta novela de detectives, con un equipo de nove axentes secretos, levan a cabo unha apaixoante investigacion. A exposición dos feitos con  sentido do humor e moita fantasía, lémbranos aos clásicos policíacos.







3/5/24

Lectores de 2º de ESO, descobren Santiago de Compostela con "Corazón de chocolate" de Santiago Jaureguizar


Co aprendiz de xornalista e investigador,Tintimán, un rapaz de dezaseis anos atrevido e algo insolente, amosa en Corazón de chocolate,a misteriosa cidade de Santiago de Compostela .

O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade Xelmírez, unha seita perversa, ou se só e unha lenda. Señor Grozni, un gato cun parche nun ollo, e unha amiga que se presenta como a súa moza, achegaranlle a axuda precisa para que Tintimán descubra a verdade.

Aínda que a historia é ben fantástica, consigue manter o lector ansioso ata o final.