22/5/22

Visita-obradoiro no Museo Etnolóxico: ler o patrimonio

O 19 de maio disfrutamos culturalmente falando dunha excepcional viaxe ao Museo Etnolóxico de Ribadavia que nos ofertaran no 1º trimestre e de xeito exclusivo para membros dos Clubes de lectura.

Anque son 64 os alumn@s que participan activamente nas actividades-reunións deste Club de lectura, por distintas circunstancias, asistiron 60 membros acompañados por 5 profesores.

O programa  previsto seguiuse íntegramente e de xeito moi entretido e satisfactorio; @s monitores repartíronnos en tres grupos para un maior aproveitamento.

- Obradoiro ler o patrimonio bibliográfico: con fondos bibliográficos e documentais da biblioteca do Museo Etnolóxico.

- Obradoiro ler o patrimonio moble: nas salas de exposición do Museo con pezas, obxectos, fotografías da colección do Museo Etnolóxico.

- Obradoiro ler o patrimonio inmoble: visita comentada polo castelo e zona histórica de Ribadavia.

Os alumn@s de 6º fixeron unha posta en común do visto e ademáis de vir encantados, manifestaron que o que máis lles impactou foi o obradoiro bibliográfico, os libros antigos, o sistema que tiñan de gardar e conservar os libros, os libros de texto diferenciados por sexos.

Tamén resaltaron o inmobiliario, historias sobre a Inquisición e a impronta dos xudeos en Ribadavia.

En xeral chamoulles a atención o do patrimonio mobiliario porque lles queda lonxe, tan diferente o que teñen e viven eles...

O grupo de maiores, centráronse máis no castelo indagando cada resto, e no propio pobo por ter conservado escudos, restos de casas e edificios tan señoriais.

Previamente visitamos o Museo do viño do que viñan sorprendidos do traballo tan duro que facían e dos aperos, barricas, materiais que empregaban. Moi educativo traspasalos a esas épocas para que cotexen e valoren .

O xantar na área recreativa tamén foi moi socializador, poder estar xuntos alumnos desde 5º de EP ata 4º de ESO, convivir, falar, xogar, bailar... COMPARTIR!

Só queda o agradecemento por ternos convidado a estes obradoiros,  polo bo trato recibido e a profesionalidade d@s monitores.

                                               


 
















" O contador de estrelas" e lectores de 4º de ESO

 Moitos temas tocamos con esta lectura que enganchaba fácilmente.  @s protagonistas son ben próximos a Nós, confesaban os lectores, puideron verse identificados tanto pola idade, polas actitudes como polas situacións expostas. 

Decátanse da extrema fantasía dalgún relato porque non é posible roubar unha avioneta e que ninguén os descubra toda unha noite ou conducila sen ter idea e  co copiloto borracho o seu carón...
Presenta unha temática moi real e lugares coñecidos por tod@s e axudounos a reflexionar sobre a terrible problemática dos incendios forestais e o seguimento que se fai ata extiguilos.

A linguaxe é sinxela e o vocabulario tamén é axeitado ao nivel. Recomendaríana para próximos cursos..





Viaxe cultural ao museo etnolóxico de Ribadavia e o seu entorno


 Programa da viaxe cultural ofertada polo Museo Etnolóxico de Ribadavia dirixida específicamente aos Clubes de Lectura.

Cada ano organizamos unha viaxe cultural, este ano recibimos esta convocatoria e estamos ansios@s por disfrutala. Ten ademáis o aliciente de viaxar a outra provincia e completala coa visita ao Museo do viño con guías para cada un dos tres grupos.

Esperamos que o aproveiten tanto como prometen os títulos dos Obradoiros que ademáis a maioría do alumnado confesan non saber de "que vai".