Aquí tedes o documento final coas actuacións desenvoltas neste Club de lectura ao longo do curso.
10/6/26
Besta do seu sangue
Varios dos alumnos víronse sorprendidos polas diferentes caras e facetas deste personaxe, desde a súa complexa identidade sexual, a súa educación, e o cruel dos crimes que cometeu ata a súa detención. E mesmo nese momento o misterio que o rodeaba fixo que a súa morte se apartase do que tería sido habitual.
4/6/26
Excursión do Club de lectura
Hoxe tivemos a moi desexada excursión do noso Club de lectura de Guntín. O alumnado participante no Club de lectura (de 5º de educación primaria a 4º de ESO) tivo a ocasión de participar na nosa excursión do club de lectura. O prograa da nosa excursión foi o seguinte:
- Saímos de Guntín ás 8.30 da mañá nun autobús.
- Chegamos sobre as 10.30 ao Museo Xaquín Marín do Humor en Fene. Neste museo tivemos unha mañá chea de actividades moi amenas:
- Unha visita á colección de viñetas humorísticas.
- Espellos deformantes.
- Explicación sobre a figura de Xaquín Marín, a súa obra e a historia do humor en Galicia.
- Un obradoiro de caricatura, do que saíron preciosos (e terribles) autorretratos do noso alumnado.
- Xantar na praia de Miño, para o que tivemos bastante bo tempo dadas as previsións.
- Visita ao Labirinto Breogán en Vilarmaior.
- Regreso a Guntín ás 20.30.
3/6/26
O club da calceta
Como membros dun club de lectura que moitas veces dá lugar a conversas interesantes partindo do pretexto do libro, puidemos entender que algo así pasase tamén no club de calceta.
Gustáronnos as protagonistas e gustounos o tema da calceta pois varias de nós tamén gustamos desta afección.
Dado que esta foi a última reunión deste curso, aproveitamos para realizala nunha cafetería local en lugar do noso centro escolar.
Tamén falamos da posibilidade de ampliar este grupiño coa cooperación municipal.
O principiño
O libro resultou bastante complexo para as lectoras pero aínda así todas saímos da reunión entendendo moito mellor o noso principiño e os diferentes personaxes e planetas que vai atopando.
1/6/26
Amancio Amigo, o meigo de Salamanca
Chamoume a atención a detallada lectura que estes rapaces e rapazas de 5º de primaria realizaron deste libro que seguía as aventuras de Amancio Amigo, un protagonista que gustou tanto que xa estamos pensando en ler máis das súas aventuras o vindeiro curso.
No seu percorrido desde Galicia a Salamanca coñece todo tipo de personaxes e sucédense as aventuras máis tolas, así que Amancio ten que procurar saír airoso e veremos se acaba por atopar o amor.
27/5/26
I'm Obélix
Analizamos os diferentes perfís arredor do caso de acoso escolar sufrido por Ismael e falamos de con cales nos identificamos máis. Unha novela que gustou moito este curso.
25/5/26
A avoa gángster
Igual que se fixo en 1º de ESO e en 5º de primaria, o alumnado de 6º decidiu ler A avoa gángster, un libro que gustou moito en todos os niveis nos que se leu. É unha novela moi británica na que unha avoa cun perfil pouco atractivo loita por ter o favor do seu neto, mesmo se isto implica realizar accións que nunca pensou, só co propósito de que o seu neto a teña en mellor concepto.14/5/26
La psicoloxía del dinero
Así a todo, moitos dos participantes coincidiron en que non lles acabou de encher o ollo esta obra porque está moi enfocado ao investimento dentro dun contexto moi estadounidense.
O principiño
Falamos do simbolismo do libro, de que detrás da súa simplicidade é un libro moi complexo e, en xeral, as alumnas participantes coincidiron en que lles pareceu bastante complexo.
Estivemos vendo varias edicións en diferentes linguas así como unha preciosa edición con pop-ups que temos na nosa biblioteca.
6/5/26
Lectura de La muy catastrófica visita al zoo
Esta obra foi a última lida no grupo de familias do noso club de lectura. Debemos dicir que foi unha obra que xa gustara moito ao alumnado de 6º de primaria que pedira especificamente ler esta obra.
Ás familias gustounos moito tamén pero a lectura foi moi diferente. Os temas que tratamos foron os seguintes:
- o sentido do humor ao longo de toda a obra.
- o feito de que o punto de vista sexa o dunha alumna presumiblemente pouco fiable.
- o paradoxo de que a absurda hipótese inicial acabe por ser a acertada.
- o alumnado con discapacidade que pode ser escolarizado en centros convencionales ou específicos. Nesta novela aparecen as dúas posibilidades.
4/5/26
Páxina de M8porler
Na reunión de coordinadores de Clubs de lectura de Galicia, que tivo lugar o pasado 29 de abril en Santiago de Compostela, membros da Fundación Xistral acudiron para explicar como funciona o portal M8porler, que conta cun espazo específico para Clubs de lectura. Dada a súa posible utilidade, os nosos clubs quedaron inscritos ás poucas horas e contamos poder comezar o vindeiro curso utilizando esta plataforma.
Visita de Raquel Fernández ao noso Club
Recentemente contamos coa visita de Raquel Fernández, autora de Contas de buxo e I'm Obélix ao noso club. A autora de Gondomar falou tanto co alumnado da ESO coma co grupo de profesorado e familias sobre o proceso de creación da súa novela, a súa traxectora como escritora, a forma na que os feitos reais vividos por ela inspiraron a novela e detalles de I'm Obélix, a novela que dela que lemos este curso escolar,
Foi moi grata a súa presencia e o que máis sorprendeu, sobre todo no grupo de alumnado foi o feito de que se dedique á cociña e non a algo aparentemente máis relacionado co mundo da escrita.
Arrugas e Adelina
En conxunto gustáronnos moito as dúas obras pero todas sentimos debilidade pola obra de Paco Roca. Adelina ten un debuxo máis actual pero ambas lecturas coinciden no complicado de enfrontarse aos últimos anos de vida, onde as capacidades mentais van a menos, e as institucións non sempre están a altura.
30/4/26
Lecturas en infantil e primaria
Durante este curso desde o Club de lectura fomos facendo diversas lecturas en educación infantil e primaria. Estes son algunhas desas lecturas:
27/3/26
A avoa gángster
Coincidimos todos que é un libro no que custa chegar a saber como acaba pois a historia da avoa gángster é moi potente e verosímil. Tamén falamos desta avoa tan peculiar: peideira, con olor a repolo e con necesidade de maior atención, porque só conta coa presenza dos seus fillos cando a necesitan para algunha cousa.
Un libro interesante que nos fai desexar lerlle unha segunda parte, algo que esperamos ter na biblioteca proximamente pois hai outra novela do mesmo autor traducida na mesma colección máis recen
temente.
26/3/26
Reunión do grupo de familias
Esta novela, que nos fala do caso de acoso escolar de Isma, foi un pretexto perfecto para para poder falar sobre diversos casos reais de acoso escolar porque todas coincidimos no realista dos puntos de vista presentados na novela.
Tamén quedamos de vernos o luns 20 de abril cando a autora deste libro veña ao noso centro escolar para falarnos da xénese do libro.
25/3/26
La muy catastrófica visita al zoo
Quen anegaría a escola? Hai múltiples sospeitosos pero só un pode ser culpable e moitos son os que os estudantes da escola especial deberán considerar como candidatos a este delito.
Esta novela foi todo un éxito entre os lectores de 6º de primaria que non tiveron medo de enfrontarse a un libro para lectores adultos.
16/3/26
Lemos libros en inglés
Nesta novela Mark Twain fálanos dalgo que nos pasa con frecuencia, que preferimos a vida dos demais á nosa propia, pois tendemos a pensar que é mellor pois non vemos os problemas que poden atopar os demais.
11/3/26
Honorata e a casa das palabras gardadas en 5º de educación primaria
En 5º de educación primaria reunímonos o día 11 de marzo para falar da nosa última lectura, Honorata e a casa das palabras gardadas.
Neste libro a gata Honorata pasa múltiples aventuras, desde unha chegada á vida desgrazada, a un viaxe trepidante polo río abaixo e ata a casa das palabras gardadas.
En todo este percorrido coñece a gatos don caracteres moi diferentes e aprende o valor das palabras e das historias.
Un libro moi entretido!
10/3/26
Lendo A agonía das folerpas
No club de lectura do profesorado lemos o día 10 de marzo A agonía das folerpas, a novela coa que Óscar Reboiras gañou en 2022 o Premio Novela Rural.
Un libro sólido, moi ben escrito, ambientado nun mundo rural no que tamén traballamos nós en Guntín, esta novela ten unha trama sólida, unha ambientación lograda e uns personaxes memorables. Os protagonistas están moi ben construídos e varias coincidimos no que nos gustara o personaxe de Fina, coas súas inseguridades e coa que tan fácil é identificarse.
Unha gran novela sobre a que atopamos moito do que falar.
27/2/26
Lectura de Ollos de auga de Domingo Villar
Gustounos moito como está escrita, o ben que se mantén a intriga, o percorrido pola cidade de Vigo e, sobre todo, ese sentido do humor que aparece nos diálogos entre os dous investigadores, Leo Caldas e Rafael Estévez. Que gran parella de protagonistas!
Sesión de lectura de I'm Obélix
Estes días tivemos unha nova reunión do Club de lectura de 4° de ESO para falar de I'm Obélix.
Esta obra tratou sobre as múltiples caras do acoso escolar. A través de diferentes personaxes fomos vendo como afecta esta forma de acoso e o demoledora que é para os implicados.
9/2/26
Sesión para ler Morir en la arena de Leonardo Padura
Coincidimos todas no ben escrito que está esta novela, na que se relatan varias historias de amor e vida e a través das que podemos coñecer a situación actual na illa de Cuba, entre a emigración, a pobreza, a falta de liberdades e a desesperanza.
Todos estes elementos compoñen unha preciosa novela que gustou a moitas das integrantes do noso club.Con vistas a novas reunións acordamos que o calendario das vindeiras lecturas sexa o seguinte:
- martes 10 de marzo, A agonía das folerpas de Óscar Reboiras
- mércores 15 de abril, comentaremos os cómics, Arrugas, de Paco Roca e Adelina de Sandra Lodi
- xoves 14 de maio, La psicología del dinero de Morgan Housel.O primeiro libro, A agonía das folerpas, xa o lestes case todos. Os que non, avisade para pasarvos unha copia.
Dos comics, Arrugas e Adelina, temos só unha copia, polo que estaría ben que levarades o cómic e que o devolverades canto antes. Se vemos que chega así non mercamos máis exemplares. Hai unha copia de cada un deles e lense en moi pouco tempo os dous.
Finalmente, de La psicología del dinero hai unha copia pero mercaremos dúas máis e tampouco leva moito tempo lelo. A copia que hai xa se levou pero avísovos en canto estean as outras copias.
26/1/26
Reunión do club de lectura de familias para ler El diario de Anne Frank
O pasado mércores tivemos unha nova reunión do club de lectura para familias para ler El diario de Anne Frank, nesta versión de novela gráfica.
Gustounos moito a historia aínda que saber que é real fai que sexa especialmente dura.
Unha das integrantes do grupo leu a versión en texto e coincidimos en que cada versión ten diferentes puntos fortes: a versión orixinal o feito de que son as palabras reais da autora falando da súa vida co diario. a versión gráfica, o acertado das ilustracións e o atractiva da presentación, con moito menos texto e o fundamental da historia.
Para a vindeira reunión quedamos en ler Ollos de auga de domingo Villar.
Sesión de lectura en latín
O alumnado de educación secundaria tivo unha sesión de lectura en latín con textos do libro Familia romana de Hans Orberg.
Fixemos unha lectura en voz alta e o alumnado voluntario foi traducindo os textos dos capítulos I e II do libro. Vimos como estes textos sinxelos son facilmente deducibles e traducibles para os que falamos algún idioma de orixe latina.
14/1/26
Reunión sobre Honorata e a casa das palabras gardadas
Nel Honorata é unha gata que nace cun futuro sombrío pero consegue sobrevivir e remata nun río no que coincide con gatos de diversas orixes e procedencias pasando apuros como para que Honorata chegue a perder unha das súas vidas.
Desois a acción continua cando chegan á Casa das palabras gardadas, onde aprenderán a importancia das palabras e dos libros.
Unha sucesión de aventuras con Honorata de protagonista.
8/1/26
María Quiroga no grupo de profesorado con Perder o norte
Hoxe tivemos o pracer de contar no noso club de lectura do profesorado con María Quiroga, autora da novela Perder o norte, recentemente publicada en Galaxia tras gañar o Premio Illa Nova de 2025.
María falounos desta novela tan emotiva e que fala do proceso de dó sufrido pola narradora trala morte por suicidio dunha boa amiga. Na narración vanse entrelazando dúas liñas diferentes, a historia da amizade desde a infancia ao longo dos anos e mais unha viaxe terapéutica na que a narradora se embarca desde o País Vasco a Galicia en bicicleta percorrendo todo o Cantábrico.
Numerosas referencias a diferentes fontes, lugares, viaxes e experiencias; uns demos que entran e saen da narración e numerosos personaxes que van acompañando na viaxe, fan desta lectura unha experiencia con moitos elementos diferentes que nos acompañan ao longo de toda a narración.
Falounos María da elección da portada cunha versión dun cadro de Maruja Mallo a cargo de Ana Galvañ que acompaña moi ben ao texto, do proceso de escritura ao longo destes anos e da propia relación persoal que inspira o relatado na novela.
Finalmente, contestou as nosas preguntas e asinou os exemplares que tiñamos preparados.



.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)




.jpeg)








.jpg)

.jpeg)
.jpeg)


.jpg)
.jpg)














.jpeg)