27/10/23

Lectoras do grupo de Adultos comparten opinións sobre: " Recuerdos de un jardinero inglés" e " La uruguaya"


De "La uruguaya", destacamos a estructura da obra: unha especie de carta na que o protagonista e narrador dirixe á súa "ex", buscando xustificar e disculpar a súa conducta.

Parécenos unha historia da "crise dos 40" do protagonista, home inmaduro que fai conmover ao lector para que sinta compaixón polo precio que pagou polo seu comportamento.

Hai notas de humor, e detalles divertidos na súa cita romántica. O autor compara o protagonista con don Quijote, pero un actúa movido polo egoismo e o outro actúa sempre con xenerosidade.

"Recuerdos de un jardinero inglés" preséntase con claridade de estilo e escritura moi fluida que fai áxil a súa lectura.

O protagonista é unha persoa moi entrañable, con certo "homenaxe " aos anciáns, digno de valorar.

Resulta moi "inglés" polo amor ás plantas, xardíns, á natureza en xeral.

Destacamos a relación especial entre o protagonista e a súa xefa. A pesar das dificultades de comunicación cos novos propietarios da casa, hai un final feliz moi entrañable.

Para ambientarnos no tema, escoitamos a canción da banda sonora na que Pedro Mairal, o autor do libro é o guitarrista: https://youtu.be/ZaoTKn6vVuU?si=6xQqn1HouLOsOtCm






17/10/23

Alumnado de 6º de EP entusiásmanse con " A avoa ganster"




A avoa gánster de David Walliams é un libro que gustou moito ao alumnado de 6° de EP.

A descripción da avoa era claramente recoñecible como a típica de calquera avoa, pero cando te adentrabas na lectura atopabas unha anciana aventureira cunha chea de segredos.

O protagonista Ben e a súa avoa fixéronlles recordar a importancia non fixarse nas apariencias, de vivir o presente e de pasar tempo de calidade con avós. Todo mesturado con humor e tenrura a raudales, recordándolles a Matilda nalgúns aspectos.

Gustou tanto que varios alumnos e alumnas están lendo Abuelasaurio do mesmo autor.

Así si queres pasar un rato divertido con sucesos inesperados, toques gamberros e de humor… con moitísima tenrura e unhas ilustracións maravillosas de Tony Ross… tes que ler A AVOA GÁNSTER!!!