Mostrando entradas con la etiqueta Manuel Rivas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manuel Rivas. Mostrar todas las entradas

11/12/13

XA TEMOS NOVOS TÍTULOS ...

No grupo de adultos decidimos propor xa dúas obras para ler aproveitando que ven o nadal e se cadra temos algún tempo mais libre para desfrutar da lectura e do cine.
 En primeiro lugar escollemos a obra Todo é silencio , de Manuel Rivas, publicada no 2010 e levada ao cine por José Luis Cuerda no 2012.
 Xa temos algún exemplar na biblioteca do centro así que non dubidedes en vir collelo. Ainda non fixamos a data de reunión pero será probablemente no mes de xaneiro.


A segunda obra será Matar un ruiseñor de Harper Lee. Neste caso foi a película protagonizada por Gregory Peck en 1962 a que nos axudou a escoller a novela. Esta obra publicada en 1960 cuxo título orixinal é To kill a Mockingbird foi premiada co Pulitzer e acadou unha grande sona converténdose nun clásico da literatura americana.
A xuntanza para falar desta obra será probablemente a finais de febreiro ou principios de marzo




2/2/13

Reunión sobre A lingua das bolboretas de Manuel Rivas

O pasado venres día 1 reunímonos na biblioteca para falar do relato de Manuel Rivas "A lingua das bolboretas" incluído no seu libro ¿Que me queres, amor?

En conxunto a todos os que o rematamos gustounos moito e comentamos diversos aspectos do mesmo, o estilo, a mentalidade da época, a forma na que a xente cambia as súas ideas para parecer respectable ante a sociedade e, sobre todo, a forma de ensinar do mestre.

13/12/12

Novos libros para vindeira reunión

Tal e como acordamos na reunión do mércores para a vindeira reunión leremos dous libros diferentes:
  1. para aqueles aos que lles gustan as obras longas Febre, de Héctor Carré, que trata dunha rapaza de 17 anos que comeza unha loita contra as inxustizas que se estánn producindo nunha mina de wolframio
  2. para aqueles que prefiren ler obras máis breves, escollemos un relato de Manuel Rivas, A lingua das bolboretas

Contamos con ter exemplares de ambos proximamente na nosa biblioteca e xa vos teremos informados ao respecto.