13/12/23

Doblete fan os lectores de 6º de EP con: "Sainza, a punkereteira" e "El cuarto de las ratas".

 

No Club de Lectura de 6° o alumnado analizou polo miúdo “El cuarto de las ratas” que é un libro que atoparon corto e sinxelo de ler. Ao principio custoulles engancharse, pero despois á maioría gustoulles xa que é unha trama de misterio cun final sorprendente e no que se ve o paso hacia a madurez de Margarita, a protagonista.

O segundo libro que leron foi “Saínza, a punkereteira” que lles recordou as Tanxugueiras. Encantáronlles as ilustracións e a historia dunha rapaza libre que ama o rural e que transmite os valores da amizade, da loita contra as inxustizas, do enriquecedor que é o contacto coa natureza e cos avós, da liberdade, da igualdade… En definitiva un libro para recomendar.








5/12/23

Os lectores-investigadores de 3º de ESO, descubren aos autores/as do " Asesinato en el Orient Express"


Por decisión unánime este grupo de lectores de 3º de ESO, escolleron á raiña do xénero da intriga, Agatha Christie, e ao lexendario tren, Orient Express para instruirse no labor policíaco.

Unha viaxe en principio tranquila polas datas e recorrido, vese alterada polo apuñalamento do americano Ratcher. Calquer usuario do tren pode ser considerado culpable, incluso unha altiva princesa e unha institutriz inglesa ... porque ninguén saíu dos vagóns.

A brillante e intelixente deducción do axente Poirot, que enlaza os acontecementos , declaracións dos sospeitosos, pistas  e obxectos atopados , da cos autores do crime.

É unha novela de lectura áxil, entretida, corta para tantos persoaxes, datos e feitos, con trama moi forzada pero con final maxistral. 






 


3/12/23

Lectores de 1º de ESO, comparten os misterios de "A pedra de seixo"

O alumnado de 1º de ESO, le os resumos e anotacións tomadas durante a lectura individual deste libro e compártenas. Os  protagonistas están matriculados no mesmo curso ca eles, as exposicións son tan detalladas que só queda corroborar e puntualizar detalles do que as/os lectoras/es escribiron.

 Un grupo de amigos/as, nunha tarde de aburrimento e á proposta do propietario da "bóla de cristal" que a súa avoa lle regalara polo seu aniversario, deciden sacarlle partido... pero entre eles xorden interrogantes: medo? Nervios? Marcha atrás? Indecisión? Todos tiñan dúbidas do poder da bóla máxica.

O que máis lles gustou foi compartir experiencias, resolver misterios, e contar noticias  parecidas escoitadas por eles mesmos ou familiares pola radio. Aproveitamos a mención deste medio informativo para valorar e resaltar as cualidades que ten fronte a outros con imaxes ás veces impactantes e irreais.
Coinciden tamén na faceta divertida e con moralexa que lles fai reflexionar.